Diario libertario de lugo e galaxia

XORNADA MICOLOXICA CO ATENEO LIBERTARIO A ENGRANAXE

24/11/2013
19:00
O pasado domingo 17 de novembro, o Ateneo Libertario A Engranaxe organizou unha Xornada Micolóxica, que comezou ás 10:00 da mañá, onde Paco, o guía micolóxico, explicou durante preto dunha hora o mundo dos cogomelos e as diferencias que entre eles hai. 
As 11:00, preto de dúas ducias de persoas saímos cara o monte, nun routeiro onde nenxs e maiores puidemos gozar do aire libre mentres todas aprendiamos algo, paseando polos arredores da nosa cidade, coñecendo de preto o mundo da micoloxía de mans de Paco. Os cestos de vimbio fóronse enchendo con diversas variedades de cogomelos, "lengua de vaca", boletus, etc.
O rematar fomos o local do CS Madia Léva, onde entre todxs limpamos os cogomelos e fixemos un revolto de ovos e cogomelos e mais un risotto de verduras e cogomelos,rico,rico.
 
Sección: