Diario libertario de lugo e galaxia

Xira galega de presentación do libro: "Deixádenos aprender: reflexións desde a pedagoxía libertaria"

30/09/2015
13:09

Esta fin de semana terá lugar a presentación do libro: "Deixádenos aprender: reflexións desde a pedagoxía libertaria" do compañeiro Manuel Rodríguez (Txelu) nos seguintes lugares e horas:

FERROL
Data e hora: Venres, 2 de outubro de 2015 ás 19:30 h. 
Lugar: Espazo Libertário. Avenida de Esteiro, 10, Ferrol.
Organiza: Unión Libertaria: Palestra. 
 
A CORUÑA
Data e hora: Sábado, 3 de outubro de 2015 ás 20:00 h. 
Lugar: Ateneo libertario Xosé Tarrio. Rúa La Paz Nº 16 (barrio dos Mallos), A Coruña. 
Organiza: Ateneo libertario Xosé Tarrio: Palestra + Ceador Vegán.
 
LUGO
Data e hora: Domingo, 4 de outubro de 2015 ás 16:30 h. 
Lugar: Ateneo Libertario A Engranaxe. Rúa Río Sil, nº 52, baixo, Lugo. 
Organiza: Ateneo Libertario A Engranaxe: Palestra + Xantar. 
 
Reseña do libro, editado por VolapÜk:
 
Deixádenos aprender. Reflexións desde a pedagoxía libertaria é unha análise actual e pragmática sobre o papel que ten e pode ter a escola, estatal ou privada, o profesorado, os proxectos educativos antiautoritarios. Debulla os problemas que afectan o sistema educativo, que non son poucos, procurando solucións baixo unha óptica libertaria. Recolle as inquedanzas do autor, que se aduca ao ensino, e outras formuladas en colectivo pola súa implicación en grupos e asembleas por un ensino antiautoritario, ao redor da sutil formación do individuo pretendido polo Sistema, amoldado polos valores imperantes do consumismo, o individualismo, a competencia, a submisión.
 
Deixádenos aprender afonda no debate, sempre presente, sobre o ensino no ámbito libertario, achegando novos enfoques ou atencións inéditas na bibliografía libertaria como é o caso da discapacidade.
 
Complétase o libro con ilustracións, cancións e unha selección filmográfica e bibliográfica sobre o tema exposto.
 
Manuel Rodríguez González, "Txelu", (Madrid, 1980). Diplomado en Maxisterio de Educación Especial (Universidade Autónoma de Madrid) e Experto en Trastornos do Espectro Autista (Universidade de Alcalá de Henares). Membro do colectivo pedagóxico “Na fila de atrás” e dun Grupo de Aprendizaxe Colectiva de Pedagoxía Antiautoritaria. Experiencia profesional en diferentes servizos do ámbito da diversidade funcional: centros de educación especial, centros ocupacionais, pisos supervisados, preparador laboral…
 
Sección: