Diario libertario de lugo e galaxia

XI XORNADAS ANARQUISTAS DE COMPOSTELA

04/11/2014
19:35

XI-Xornadas-anarquistas-de-compostela-(WEB)Presentamos ás XI Xornadas Anarquistas de Compostela. Como todos os anos, as actividades que se presentan son de gran interese para poder aprender de experiencias e prácticas de loita levadas a cabo en Portugal, Gamonal e Alemaña; realizarase un achegamento á liberación animal; relatarase a crueza sistemática exercida polo sistema capitalista contra as crianzas; reflexionarase acerca das redes de solidariedade e apoio mutuo dentro de Galiza e, finalmente, exporase unha visión arredista baixo posicionamentos libertarios.

PROGRAMA

*Sábado 15 às 19:00’ Presentación das Xornadas 
às 19:30′ “O Movemento Anarquista en Portugal”. Pase do documental “Memória Subversiva” e conversa con compas anarquistas de Portugal.

O documentário “Memória Subversiva” revélanos os inicios da historia do Movimento Anarquista em Portugal. A partir de testemuñas dalgunhas das súas integrantes no seu periodo de maior efervescencia, nas primeiras décadas do século vinte, nós da a coñecer a historia, hoxe esquecida, do máis forte movimento político-social de entón e das suas loitas e resistencias.

Rescatando esa memoria histórica, tentaremos abordar aquilo que ten sido o anarquismo en Portugal durante as últimas décadas, após o 25 de Abril de 1974, para unha comprensión daquilo que foi e que poderá vir a ser o movimento anarquista en Portugal.

Información sobre o documental:
Realización: José Tavares e Stephanie Zoche
Duración: 110 minutos
Ano:1989
……

*Xoves 20 às 20:00’ “Achegamento á Liberación Animal”. Palestra a cargo dunha compañeira anarquista.

Animais humanos como non humanos vivimos baixo a misma lóxica de dominación: unhas condeadas ás fábricas, oficinas, escolas, prisións… outras á vidas de sufrimento industrial, morte en cautiverio ou liberdade, granxas, laboratorios…

Entendendo estas realidades de xeito global, sen parcelar, podemos avistar a dependencia do sistema po-la explotación de todos os individuos independientemente da súa especie para, deste xeito, poder enfrontarnos òs nosos privilexios, sobre os que non se poden pronunciar. Para asumir a liberación animal como luita propia.

*Venres, 21 às 20:00’ “A experiencia contra a minería a ceo aberto no Bosque Hambach” (Alemaña). Charla e pase de documental a cargo dun compañeiro que estivo alá presente.

Dende 1978, as industrias mineiras devastaron mediante a tala indiscriminada o bosque de Hambach, un dos máis grandes e antigos bosques primixenios de Europa, situado perto de Colonia, en Alemaña. O obxectivo da industria é continuar expandindo a maior mina a ceo aberto de carbón marrón do continente, que pasa por enriba de vilas e da vida salvaxe na súa tola carreira polos beneficios.

Dende fai pouco máis de dous anos, activistas defenden o bosque (ou o pouco que queda del), mediante a acción directa, a okupación, os bloqueos ou a sabotaxe.

Un compañeiro achegouse ata alí para coñecer esta loita en primeira persoa, e falará tanto da traxectoria de defensa do bosque como a súa experiencia. A charla estará acompañada dun documental sobre a loita, realizado no 2013 polxs propixs compas do bosque.

*Sábado 22 às 20:00’ “Gamonal: Experiencias compativas e autónomas dun barrio de Burgos”. A cargo de compañeiros anarquistas do barrio de Gamonal.

Nos últimos tempos estanse a producir experiencias de loita nalgúns barrios dende a auto-organización veciñal, encarando conflitos e retos que, ademáis de poñer en tela de xuízo pasadas dinámicas dos clásicos movementos veciñais, ofrecen, dende o local, prácticas de resistencia contra os laboratorios barriais da clase política do capital.

Os sucesos de Gamonal iniciaron a principios do pasado mes de xaneiro cando comenzaron as obras de remodelación da rúa Vitoria para a súa conversión nun bulevar. O 14 de xaneiro de 2014, tras varios días de protesta veciñal, o alcalde anunciaba a paralización das obras. Nesta charla compañeiros de Gamonal tratarán de profundizar nos feitos e falarán das experiencias de loita no barrio.
…….

*Xoves, 27 às 20:00’ “Tecendo redes de solidariedade e apoio mútuo”. A cargo de compas anarquistas da Galiza.

Falaremos da experiencia de Seattle como punto de partida para falar do estancamento do actual movimento anarquista. Propoñendo formas organizativas horizontais crecentes, que non “etapistas”, maneiras reais de sair da frustración das actuais luitas das explotadas. Xeitos de aprendizaxe xuntas e de ruptura para xerar un movimento e unha luita a longo prazo baseada na solidariedade, apoio mutuo e a acción directa.

*Venres, Sexta 28 às 20:00’ “A explotación infantil en occidente: Un achegamento político, económico e social”. A cargo dun compañeiro anarquista.

A infancia representa o incontrolado pulso da vida que loita por non esmorecer baixo a opresión acompasada do Estado e do seu exército “humanitario”: fundacións, ONGs, organizacións relixiosas… Dispoñen de cárceres de menores, escolas, comisarías, unidades psiquiátricas e universidades onde fabrican: “inadaptadas”, “taradas”, “hiperactivas”, “delincuentes”… cun único fin, agochar a pobreza e mercadorizar a explotación no nome da ciencia e da solidariedade.

*Sábado 29 às 20:00′ “Arredismo e anarquía”. Presentación do fanzine e coloquio sobre Anarquismo e Luitas de Liberación Nacional. A cargo de compañeiros anarquistas da Galiza.

Nestes tempos que corren creemos necesario un debate profundo sobre as ligacións entre anarquismo e as luitas de liberación dos pobos do mundo partindo deste fanzine onde se recollen textos escritos nos últimos 10 anos que abarcan tambén unha análise histórica dos posicionamentos anarquistas a prol destas luitas no mundo.
…….

Tódolos sábados haberá ceadores populares libres de sofremento animal.

Haberá postos de distribuidoras con diverso material anarquista.
Se tes unha, non dubides en traela!

Organiza: individualidades anarquistas

Todas as actividades terán lugar no:
CSOA Escárnio e Maldizer
rúa algalia de riba , 11

Sección: