Diario libertario de lugo e galaxia

Tres detidos por unha acción de Stop Desafiuzamentos en Lavapiés

Policias secretas detiveron aos 3 activistas nas súas respectivas casas e leváronos a Moratalaz, ademais chamaron dúas persoas máis a declarar.

Onte pola mañá realizáronse tres detencións no barrio de Lavapiés relacionados cunha acción de Stop Desafiuzamentos o pasado día 31 de xaneiro en lavapiés, onde activistas intentaron deter o desafiuzamento de Antonio, unha persoa enferma crónica e con mobilidade reducida.

Policias secretas detiveron aos 3 activistas nas súas respectivas casas e leváronos a Moratalaz, ademais chamaron a dúas persoas máis a declarar.

Dáse a circunstancia de que a policía enganou a un dos detidos chamándoo e dicíndolle que lles confirmase a súa dirección, que o chamaban en relación a un móbil que lle roubaran había 2 anos, que llo ían devolver e que non se movese da súa casa. Tras iso varios policias secretas presentáronse na súa casa e detivérono.