Diario libertario de lugo e galaxia

Solidariedade anarquistas procesadas e encarceradas na Operación “Pandora”

No pasado martes 16 de Decembro houbo unha nova operación represiva contra o movimento anarquista en Barcelona, Sabadell, Manresa e Madrid. Os Mossos, baixo as ordes da Audiencia Nacional, detiveron a varias compañeiras e rexistraron o Centro Social de La Kasa de la Muntanya, o Ateneo Libertario de San Andrés e o Ateneo Anarquista de Poble Sec así como varias casas particulares.

Esta vez supón unha mostra de músculo por parte das Forzas de Seguridade do Estado e Catalunya, nunha coordinación que nos ensina que ningún Estado entende de nacións cando se trata de reprimir a quen loita contra este sistema imposto a sangue e lume. Somos conscientes da gravidade das acusacións, pero tambén temos claro que estaremos xunto ás nosas compañeiras pase o que pase, e que continuaremos a loita ata o final.

A quen poña en cuestón às nosas compañeiras, a quen se alarme pola detención de perigosas anarquistas, só dúas cuestóns a considerar. Por unha banda, sempre que alguén loite contra o Estado e o Capital, sexa do xeito que sexa, será reprimida polas ferramentas do mesmo, sexan violentas ou non. Por outra, convén pór en cuestón as palabras de quen está asasinando de fame e frío á xente para falar despois de violencia.