Diario libertario de lugo e galaxia

Só che dixen guapa. Reflexións en torno ao acoso sexual na rúa

Queremos que este documental sexa unha reflexión sobre o acoso sexual na rúa, a través dunha serie de testemuños de mulleres, todas diferentes, cada unha co seu propio punto de vista. Cremos que é unha boa ferramenta para crecer e pensar, tanto para as mulleres entrevistadas como para o público; unha oportunidade para elas de expresarse libremente e sen censura sobre un feito que lles afecta no seu día a día.

Para que se escoite a voz das mulleres, que se empoderen do seu corpo, da súa liberdade e da súa autonomía.

Para contactarnos: solotehedichoguapa@gmail.com