Diario libertario de lugo e galaxia

Repensar a Anarquía. Carlos Taibo

Repensar a Anarquía

Carlos Taibo

Asistimos a un visíbel renacemento do pensamento libertario que tanto se debe á quebra da socialdemocracia e dos modelos do socialismo real como á certificación de que o Capitalismo se está a internar nunha fase de corrosión terminal que achega o momento do colapso. Neste vídeo examínanse moitos dos debates dos que participan os libertarios contemporáneos, e ao respecto estúdase, con vocación non dogmática, a proposta teórica do anarquismo, a súa crítica da democracia liberal e a súa defensa da democracia e a acción directas, a contestación do Estado e do Capitalismo, a aposta pola xestación de espazos de autonomía autoxestionados e desmercantilizados, ou a relación do mundo libertario co feminismo, o ecoloxismo, o antimilitarismo e as loitas solidarias.