Diario libertario de lugo e galaxia

Maioría Opresora

Neste mundo as mulleres son agresivas, displicentes e ameazadoras. Algunhas obrigan aos seus maridos a cubrirse a cabeza mentres elas corren a peito descuberto! Un home é ninguneado, cosificado, culpabilizado e asaltado sexualmente, todo un día. Os ataques van dende o típico "Vaia cu"! cando el se agacha a poñer o cadeado da bicicleta ata un asalto dun grupo de cuadrilleiras a punta de navalla que acaba cunha dentada no pene. A inspectora que o atende dubida da agresión mentres manda a por un café a outro home a quen lle solta: "Bonito pantalón!" despois de mirarlle ao paquete. O noso home loita pola igualdade pero estrélase, nas súas palabras, co muro opresor "feminista" e a insensibilidade da súa esposa. Sóavos, rapazas?

Por: