Diario libertario de lugo e galaxia

Darwin e Kropotkin: competición ou solidariedade

Esta breve e didáctica animación condúcenos á discusión entre o naturalista inglés Charles Darwin e o xeógrafo ruso Piotr Kropotkin acerca das teorías da evolución. Con Thomas Malthus e T. H. Huxley á vista, ambos os dous autores discutirán se é a loita pola existencia ou o apoio mutuo o factor máis importante para a evolución das especies.

Este introdutorio vídeo, traducido ao español por Grupo de Estudos J. D. Gómez Rojas grazas ao apoio da Biblioteca Terra Livre (SP - Brasil), enmárcase dentro dos estudos sobre a disciplina científica e o pensamento anarquista que o Grupo Gómez Rojas realizará durante o 2013 mediante charlas e lanzamentos de libros.

Todos os créditos do vídeo á exposición "Bêtes et hommes" ("Bestas e Homes"), celebrada en París en 2008.

Versión en portugués:
http://youtu.be/my833rPjbPA
(a cargo de Biblioteca Terra Livre - http://bibliotecaterralivre.noblogs.org)

Grupo Gómez Rojas - Santiago de Chile
http://www.grupogomezrojas.org