Diario libertario de lugo e galaxia

Vida ou Morte: un poema de Voltairine de Cleyre (1866-1912)

12/02/2014
01:51
Unha Alma, no albor da Porta, díxolle á Vida:
"Que me ofreces?" E a Vida contestoulle:
"Dor, loita incesante, desilusión;
despois diso,
Escuridade e silencio. "A Alma díxolle á Morte:
"Que me ofreces ti?" E a Morte contestou:
"Ao principio, o que a Vida ofrece ao final."
Voltéandose á Vida: "E se vivo e loito?"
"Outras haberán de vivir e loitar despois de ti
Téndoo máis doado alá onde xa pasases ti"
"E sobre as súas loitas?" "Un lugar máis sinxelo ha de ser
Para outras, que aínda queden por rebelarse ante a fúnebre dor
De conquistar a Agonía!" "e que hei de facer eu
Con todas esas outras? Quen son?"
"Ti mesma!" "E quen foron antes?" "Ti mesma."
"A escuridade e o silencio, tamén, teñen fin?"
"Rematan en luz e son; a paz remata en sufrimento,
a Morte remata en Mín, e ti debes deslizarte do
Eu
Ao eu, como a luz á sombra e como a sombra á luz de novo.
Elixe! "A Alma, suspirando, contestou: "Vivirei."
 
 
Filadelfia, Mayo de 1892
 
Sección: