Diario libertario de lugo e galaxia

“Veganismo e lendas Mi’kmaq – As nativas feministas comen tofu” (Margaret Robinson)

08/02/2016
14:26

O texto que presentamos aquí é un escrito de Margaret Robinson, activista e investigadora feminista, vegana e bisexual de orixe nativa e que actualmente vive en Toronto. Os campos do seu traballo van dende a saúde mental e a patoloxización das identidades de xénero ou as orientacións sexuais non heteronormativas, ata a teoría queer, a socioloxía ou as ciencias políticas, pasando pola teoloxía feminista e a influencia ecofeminista nas comunidades nativas postcoloniais.

En “Veganism and Mi’kmaq legends: Feminist natives do eat tofu” (Veganismo e lendas Mi’kmaq: As nativas feministas comen tofu), Robinson realiza unha reinterpretación das principais lendas do folclore Mi’kmaq, coa intención de atopar paralelismos que conecten a ética antiespecista coa construcción moral e social Mi’kmaq da súa relación coas e cos animais non-humanos, y coa natureza. A través desta revisión, Robinson racha co estereotipo especista que asocia o veganismo a un privilexio “primermundista” das persoas blancas, económicamente solventes e urbanitas, e demostra que o veganismo non só é compatible coa cultura, tradicións e identidade do pobo Mi’kmaq, senón que de feito é, posiblemente, o único xeito que hoxe en día o pobo Mi’kmaq ten para conservar o seu arraigo ante as deformadas versións das súas tradicións que lles devolveron os xenocidas colonizadores, e ser consecuente coa súa propia historia e pasado, un pasado por outra banda en continua revisión.

Para nós, este texto supón un importante paso na configuración dunha historiografía rupturista coa hexemonía ideolóxica do especismo, prominente na cultura branca e occidental, pero bastante ausente sen embargo en moitas culturas indíxenas ou nativas onde, con todo, desenvolveuse artificialmente debido ao contacto forzado e tardío destes pobos coa cultura e os mitos da sociedade branca, xudeocristiá, imperialista, industrial e patriarcal de Occidente, dende a época colonial ata a era contemporánea. Por esta razón, decidimos traducir o texto ao galego dende a súa versión orixinal en inglés, e difundilo nun formato accesible, pola rede e na rúa.

Agardamos aportar con isto o noso propio graniño de area na demolición dos mitos antropocentristas, e no avance da ética cara unha nova posición na que sexan valorados e considerados os intereses de todas as especies, independentemente de se teñen pico, colmillos ou mandíbulas rumiantes, se corren, voan, saltan ou nadan, se muxen, ouvean, graznan ou falan.

Por un mundo sen gaiolas nin autoridade, pola liberación total…

Para descargar ou ver online:

Galego

Portada
Corpo

Castelán

– Portada
Corpo

 

+info: https://distripolaris.noblogs.org/

Sección: