Diario libertario de lugo e galaxia

Un mozo disfrazado de marionetista e tres amigos identificados no entroido

10/02/2016
13:55

O pasado 8 de febreiro, catro mozos foron identificados por axentes do CNP no decurso das celebracións do entroido na Praza Maior de Ourense. O primeiro en ser identificado foi un mozo que ía disfarzado de marionetista e exhibía un cartaz co lema “Gora Alka-ETA”. Os tres restantes limitáronse a interesarse polas razóns da identificación do amigo.

Serían as 2:30 da madrugada cando 7/8 axentes policiais dirixíronse ao mozo que exhibia o cartaz para o interpelar. Nun primeiro momento o xoven pensou que se trataba dunha brincadeira de carnaval, mais cando un dos axentes o agarrou polo brazo, llo cruzou nas costas e o afastou até o furgón policial onde procederon a tirarlle o cartaz e o identificaren, percebeu que os axentes non bromeaban. Dous amigos do xoven e outra persoa que se achegaron para interesarse polas razóns da intervención policial, foron igualmente identificados.

Segundo os axentes, que procederon a tomar os datos das catro persoas e a anunciar que porán o feito en coñecemento da Audiencia Nacional para que se valore a posibilidade de acusar o mozo dun delito de “enaltecemento do terrorismo”, non mediou denuncia alguna do feito.

Colado de: esculca.gal

Sección: