Diario libertario de lugo e galaxia

Un grupo neonazi ataca a caseta da Malatesta na feira do libro

29/05/2015
23:30

Un grupo de persoas de ideoloxía neonazi atacou onte o posto de libros que a librería Malatesta instalou na Feira do Libro de Madrid, situada no parque do Retiro. Segundo explica a Diagonal Marcos, un dos membros do colectivo da librería A Malatesta, onte, un día antes de que se inaugurase a feira, mentres montaban a caseta da librería ás 17h, unha persoa presumiblemente de ideoloxía nazi achegouse ao posto da Malatesta, situado na caseta 88, ameazando aos membros do colectivo con frases como "este é un sitio limpo" e "non queremos guarros".

Unha hora e media máis tarde, chegaron ao lugar outros tres tipos "con ganas de liala", explica Marcos, que sinala que propinaron unha patada no peito a un dos libreros que acudiu a apoiarlles e tiraron obxectos a outro membro do colectivo. "Marcháronse porque chegou a seguridade da feira", sinala Marcos.

Esta mañá, o mesmo grupo de nazis volveu a acudir á feira, lanzando de novo ameazas ás persoas que ocupaban a caseta da librería A Malatesta, afirmando que "xa lles pillarían cando non houbese ninguén". "Seguen por aquí merodeando, a nosa sospeita é que isto vai durar os nove días que quedan de feira", afirma Marcos, quen explica que pensan que os ataques á Malatesta poidan estar relacionados con que haxa un cartel que poña a palabra 'anarquismo' na caseta 88, número relacionado coa ideoloxía nazi.

 

Taducido de: https://www.diagonalperiodico.net/libertades/26919-grupo-nazi-ataca-la-c...

Sección: