Diario libertario de lugo e galaxia

Un biólogo propón eliminar a relixión "polo ben do progreso humano"

30/01/2015
14:03
O biólogo estadounidense Edward Osborne Wilson sostén que a Terra está a sufrir "unha morte a través de mil feridas" por culpa da relixión e que esta debería desaparecer en beneficio do progreso humano.
 
Wilson, coñecido como o "pai da sociobioloxía" e gañador do premio Pulitzer, advirte no seu próximo libro que a xente aínda non se decatou de que a "estrutura tribal" destruíu o planeta a través de "mil feridas", informa Raw Story.
 
"Todas as ideoloxías e as relixións teñen as súas propias respostas ás grandes preguntas, pero, polo xeral, están vinculadas como dogma a algún tipo de tribo", asegura. "As relixións, en particular, presentan elementos sobrenaturais que outras tribos -outras relixións- non poden aceptar (...) O que nos está a facer afundirnos é a fe relixiosa".
 
"A busca transcendente foi secuestrada polas relixións tribais", afirma o científico. "Así que eu diría que, en prol do progreso humano, o mellor que poderiamos facer sería diminuír, ata o punto de eliminar, as crenzas relixiosas", conclúe Wilson.
 
Sección: 
Etiquetas: