Diario libertario de lugo e galaxia

protestas

ADEGA pide á Confederación Hidrográfica e á Xunta a paralización definitiva das obras da fábrica da luz no Miño e traslada o caso á Fiscalía

18/12/2015
13:24

O pasado 14 de novembro, a empresa asturiana Inca, adxudicataria en 2008 da explotación da fábrica da luz a carón do río Miño en Lugo, puxo en marcha as obras que prevén retomar a explotación desta infraestrutura que leva décadas en desuso. Sen embargo, os traballos autorizados pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil supoñen multiplicar por tres a captación actual do caudal do río para a xeración de electricidade (18.000 l/s) e implican unha grave alteración da contorna do Miño, dos hábitats e das especies deste espazo protexido con varias figuras legais que non foi tida en consideración na Declaración de Impacto Ambiental do proxecto (DIA).

A clase obreira, como clase, non participa en ningún nestes acontecementos

23/01/2014
18:56
En Kiev, Ucrania, continúan os enfrentamentos , xa habituais dende finais de novembro, entre a policía e os manifestantes. O asunto e o brazo de ferro do goberno (que suspendeu a firma do Tratado de Libre Asociación ca Unión Europea) e a oposición, que busca levar ás protestas, polo tanto, tratando de sacar proveito político.

Bulevar Vs Gamonal :crónica dun conflicto anunciado

11/01/2014
15:35
Dende o pasado mércores a rúa vitoria, unha das principais arterias de comunicación da zona de Gamonal co centro de Burgos esta pechada po lo comenzo das obras do bulevar anunciadas polo concello. Meses son xa os que veciños e veciñas do barrio mostraron o seu rexeitamento á nova obra, mentres dende a casa do concello se fixeron oídos xordos.
 

Concentración en lembranza de Diego Viña en Arteixo

14/10/2013
22:50
Outro ano máis, aproveitando a misa que a garda civil de Arteixo celebra no día da súa patrona (12 de Outubro), un grupo de solidarixs concentráronse as portas da igrexa en lembranza de Diego Viña, morto en escuras circunstancias nos calabozos da mal chamada "benemérita" xa fai nove anos sen que ata o día de hoxe se depurase ningunha clase de responsabilidade.
Subscribe to RSS - protestas