Diario libertario de lugo e galaxia

libro

Presentación de: "Dulce Leviatán: Críticos, vítimas e antagonistas do estado de benestar". P. García Olivo

A forma menos vaporosa do Estado Social de Dereito recibiu o nome de «Estado do Benestar», que non sinala un benestar de todos na área das potencias hexemónicas e que se funda no malestar de case todos/as no ámbito dos países dependentes, como denunciaron tantos críticos do neo-imperialismo e da globalización. Esta modalidade do Estado non aparece como un telos da lóxica política do Capitalismo: pode vir e pode irse, achégase e afástase. Hoxe tende a difuminarse, no que atinxe aos países do sur de Europa; pero persevera e até se fortalece noutros, europeos e non europeos.

Presentación do libro "La traducción de la anarquía: el anarquismo en Occupy Wall Street" no Ateneo A Engranaxe

A presentación sera a cargo do autor do libro Mark Bray.
 
"A tradución da anarquía. O anarquismo en Occupy Wall Street parte de case duascentas entrevistas que o autor realiza a participantes de Occupy Wall Street, para expoñer o estudo deste movemento popular analizando a súa motivación, contradicións, tácticas, proxección... no contexto do ámbito antagonista norteamericano.
Subscribe to RSS - libro