Diario libertario de lugo e galaxia

S.O.S. SANIDADE Sobre o novo copago de medicamentos

23/09/2013
16:19

Ante a resolución do Ministerio de Sanidade que establece o pago farmacéutico para os pacientes non hospitalizados a partir do 1 de outubro e que inclúe medicamentos para atrasar a progresión en cancro de mama avanzado, cancro de rin, tumores cerebrais,  leucemia mieloide crónica e outros tumores,  a Plataforma SOS Sanidade Pública quere comunicar que a medida, ademais de ferir a sensibilidade da maioría social, resulta:
.

1.- Inxusta xa que supón un novo imposto que grava a utilización de medicamentos ás persoas con enfermidades crónicas e de extrema gravidade, cuxa saúde pode sufrir un grave quebranto si non as toman. Resulta paradoxal a aplicación desta nova taxas que afectará fundamentalmente aos grupos sociais máis débiles mentres de manteñen as desgravacións fiscais aos sectores economicamente máis poderosos ou se amnistía aos defraudadores.
.

2.-Contraria á Constitución e á Lei Xeral de Sanidade que garanten o acceso á atención de saúde en condicións de igualdade. Este novo copago supón unha nova barreira para o acceso ao tratamento a persoas con graves problemas de saúde, que repercuten na maioría dos casos sobre a súa capacidade económica, nuns momentos en que a crise está reducindo a capacidade adquisitiva de toda a poboación.
.

3.- Irracional por que terá unha escasa capacidade recaudatoria para o sistema e desde logo non modulará a utilización inadecuada do mesmo, dado que a responsabilidade da prescrición destes tratamentos están en mans do persoal hospitalario sen que o paciente inflúa para nadar na mesma.
.

4.- Chapuceira xa que carece de memoria económica que especifique cal será a súa capacidade recaudatoria. Tampouco se coñece como se calculará a achega dos pacientes dada a diversidade de envases hospitalarios.
.

5.- Facemos un chamamento á Consellería de Sanidade para que free a aplicación da mesma nos hospitais galegos, dado que pode repercutir de xeito moi importante sobre a saúde de moitas persoas con graves problemas de saúde.

 

 

Sección: 
Etiquetas: