Diario libertario de lugo e galaxia

A solidariedade cos detidos na operación Pandora chega a París

26/01/2015
21:17
Diferentes organizacións francesas déronse cita este sábado na embaixada española en París para condenar as detencións realizadas en España o pasado decembro dentro da denominada Operación Pandora. Unha operación dirixida polo xuíz da Audiencia Nacional Javier Gómez Bermúdez que se saldou con once persoas detidas baixo a acusación de "pertenza a unha organización criminal con finalidade terrorista de cariz anarquista". A día de hoxe, sete persoas continúan en prisión incondicional baixo segredo de sumario.
 
A convocatoria realizada pola CNT local e co apoio da Federación Anarquista (F.A) francesa desenvolveuse na avenida Marceau de París, entre o Instituto Cervantes e a embaixada española. A concentración, dunhas dúas horas de duración, desenvolveuse sen incidentes.
 
No comunicado oficial dos organizadores podíase ler "stop aux arrestations et aux emprisonnements arbitraires" (detede os arrestos e encarceramentos arbitrarios), e recordábase, entre outras cousas, que España é un dos catro países dentro da Unión Europea acusados de tortura e "racismo policial" por Amnistía Internacional.
 
Entre os presentes repartíronse copias en español e en francés da lista oficial de obxectos incautados nos domicilios das persoas detidas: cadernos, libros, pelotas de golf, bengalas de barco, e escritos que incitan ao derramamento de sangue.
 
Ao finalizar o acto, anunciáronse próximas mobilizacións de solidariedade polo caso Pandora e polo reabrido caso 4 F en Barcelona.
 
Sección: