Diario libertario de lugo e galaxia

Solidariedade con Noelia Cotelo Riveiro. 16 de decembro 2 novos xuízos conta ela

10/12/2014
00:46
 
Noelia entrou hai 7 anos en prisión para cumprir unha condena inicial de 2 anos e 4 meses polo roubo dun coche. Actualmente leva máis de 7 anos e aplicóuselle FIES, dispersión, illamento, torturóuselle, sufriu intentos de violacións, chegárona a deixar en coma de malleiras que lle meteron, negáronlle en varias ocasións atención médica, restrinxíronlle as comunicacións en máis dunha ocasión polo que levou a cabo varias folgas de fame, etc…
 
Este aumento da condena é debido a novas condenas que se lle sumaron pola súa insubmisión e pola súa denuncia da situación penitenciaria tanto súa como das súas compañeiras, habitualmente violadas e torturadas; denuncias que lle valeron malleiras e posteriores xuízos por atentado contra a autoridade, partes disciplinarios, e delito de denuncia falsa ao estimar o xuíz que estaba a mentir.
 

Actualmente a condena de Noelia remata en 2018, pero este día 16 de decembro enfróntase a dous xuízos máis por atentado contra a autoridade que lle poden valer outros 7 anos máis de prisión.

Noelia encóntrase agora na prisión de Ávila (como se contara en Abordaxe), onde sufriu un intento de violación, en illamento nun módulo de homes e co carcereiro que a intentou violar levándolle a comida todos os días. O movemento en solidariedade con Noelia vai en aumento pero para alguén que está neses centros de exterminio e tortura nunca é suficiente.

O envío de cartas a Noelia, así como as chamadas á prisión de Brieva onde está agora e o envío de fax sempre coa mesma mensaxe “non nos cremos os suicidios nin as sobredoses” é fundamental. Grazas a isto conseguiuse que por fin recibise atención médica tras o seu último traslado despois de pasar dúas semanas co nariz e un nocello roto, nua e esposada á cama.

Teléfono para chamar ao C. PÁX. de Brieva – Ávila: 920 25 90 22.
Fax do C. PÁX. de Brieva – Ávila: 920 25 90 34.
Dirección para o envío de cartas:

Noelia Cotelo Riveiro
Centro Penitenciario De Brieva – Avila
Ctra. Vicolozano-Brieva, S/N
05194 BRIEVA-VICOLOZANO, AVILA

Conta para depositar diñeiro para Noelia (o diñeiro vai directamente para o seu peculio):
Banco Santander. Mª Dolores Rivero Lois. C.C.C: 0049 0750 25 2490276608 I.B.A.N: IBAN ES59 0049 0750 252490276608 B.I.C: BSCHESMMXXX

Tamén achegan un modelo de carta aberta que fixeron as Juventudes Libertarias de Málaga por se alguén lle quere escribir pero non sabe que poñer (isto serve máis que nada para que os seus carcereiros vexan o apoio de fóra)
Deitan tambén unha serie de links do seu blog con distintas informacións máis detalladas do caso de Noelia Cotelo:
http://juventudeslibertariasmalaga.wordpress.com/2014/11/03/acciones-de-solidaridad-con-noelia-cotelo/
http://juventudeslibertariasmalaga.wordpress.com/2014/03/31/solidaridad-con-noelia-cotelo-presa-en-huelga-de-hambre/
http://juventudeslibertariasmalaga.wordpress.com/2014/11/09/comunicado-por-la-libertad-de-noelia-cotelo/
http://juventudeslibertariasmalaga.wordpress.com/2014/10/27/nueva-situacion-de-noelia-cotelo-y-convocatorias-de-apoyo/
https://juventudeslibertariasmalaga.wordpress.com/2014/10/13/nueva-agresion-a-noelia-cotelo-solidaridad/

Saude e liberdade para Noelia!

Fonte: Abordaxe

Sección: