Diario libertario de lugo e galaxia

Recortando na saúde

23/09/2013
16:23

O día 12 de agosto unha persoa do barrio de Caranza en Ferrol solicitou cita coa súa médico de cabeceira e déronllela para o día 22 dese mesmo mes. No centro de saúde aluden que só hai dous facultativos e que atenden aos seus pacientes e as urxencias.

Esta persoa presenta a oportuna reclamación por rexistro e o día 2 de setembro obtén a resposta asinada polo Xerente de Gestion Integrada da Area Sanitaria de Ferrol e o responsable da Unidade de Atención ao Paciente, onde lle presentan as oportunas desculpas e lle agradecen a posta en coñecemento do seu caso para a mellora no servizo e que se comprometen a prestar asistencia a todas as doenzas que non admiten demora.

En data posterior a persoa que interpuxo a reclamación achégase polo centro de saúde e coméntanlle o persoal que alí traballa que non están a cubrir as baixas e se a iso se unen as vacacións de verán pois iso dá como resultado unha demora nas citas. Ademáis xusto a súa médico de cabeceira é a que está de baixa e como consecuencia o resto dous facultativos ten que que repartirse ou seus pacientes. Ademais lle din que cousa ten pinta de ir a peor e que pouca xente fai coma él presentando unha queixa, mais ben van xunto o mostrador e se queixan de palabra, pero non deixan constancia por escrito.

Isto demostra a pouca lóxica coa que se fai a sanidade nesta autonomía. Pois mentres os concellos están a ceder chan para construir hospitais e centros de salud para beneplácito das constructoras, bancos e sociedades xestoras dos centros, a plantilla estase a recortar a marchas forzadas.

Estamos de novo ante unha nova burbulla na costrucción agora centrada na saude para dar beneficios as empresas que financian os partidos políticos como xa ocurrira coas vivendas, as autoestradas, os aeroportos, portos, alta velocidade...

 

Fuente

Sección: 
Etiquetas: