Diario libertario de lugo e galaxia

protesta fronte o carcere de A Lama

27/05/2012
18:48

O pasado sábado unha trintena de solidarios percorreron a pé a distancia que separa o pobo pontevedrés de A Lama do centro penitenciario que ensucía o seu nome, amosando así o rexeitamento a tan nefasta institución represora.Malia o fustrigamento tanto da persistente chuvia coma do importante despregamento da garda civil, que impediu aos manifestantes acceder en coche ás proximidades do talego (de aí a longa marcha pasada por auga), o modesto pero combativo continxente antirrepresivo conseguiu chegar ata a entrada do recinto, onde, despregadas as súas pancartas, berraron consignas anti-carcerarias e mensaxes de animo para os reclusos.

Pasadas as tres da tarde, e non sen antes ser identificados todos os participantes polos picoletos acoirazados que os vixiaban, deuse por finalizado o acto. A represión desatada neste presidio contra os participantes da campaña antirrepresiva que agora mesmo se desenvolve tras os muros das cadeas do estado , foi visibilizada, aínda de forma modesta, polos solidarios que están fóra.

Noticia elaborada por C.R. a tarvés de testemuños directos da protesta.

recollido en: http://abordaxerevista.blogspot.com.es

Sección: 
Etiquetas: