Diario libertario de lugo e galaxia

Protesta contra MSF ás portas do xulgado

15/04/2016
16:42
  • Novo piquete da CNT contra Médicos Sin Fronteras (MSF) nos xulgados de Compostela
  • Adiado xuizo por discriminación de traballadores/as estranxeiros en MSF

piquete CNT contra MSF

 

Este mércores 6 de abril a CNT protestou de novo contra as políticas laborais de Médicos Sin Fronteras (MSF) na data en que estaba previsto celebrar o xuizo por discirminación da compañeira e compañeiro traballadores estranxeiros de MSF. Finalmente o xulgado admitiu a posibilidade de celebrar xuntos os xuizos da compañeira e o compañeiro denunciantes, aínda que debido á escasa marxe nas notificacións ás partes implicadas o xuizo foi adiado ata o vindeiro mes de maio.

O piquete de CNT ás portas do xulgado visibilizou a problemática de estos dous compañeiros dentro da campaña contra a discriminación en MSF que o sindicato ven desenvolvendo nas últimas semanas e que segundo indican fontes da anarcosindical "seguirá activa namentres non se solucione a situación por parte da ONG".

 

Nova demanda por discriminación intensifica a campaña contra Médicos Sin Fronteras

  • Esténdense os piquetes contra a vulneración de dereitos por parte da ONG
  • Xa son dúas as demandas de discriminación por nacionalidade contra Médicos Sin Fronteras
  • «A menos diálogo mais mobilización» contra a política laboral de MSF
  • Segundo fontes sindicais «non se descarta escalar a campaña»

Piquete CNT Zaragoza MSF

Máis un captador de socios de Médicos Sin Fronteras ven de presentar demanda contra a empresa por vulneración de dereitos por razón de nacionalidade. Xúntase esta á demanda da outra traballadora que, por non seren ambos de nacionalidade española, a ONG se nega a mudar o seu contrato temporal para indefinido, como co resto de traballadores e traballadoras.

Segundo informa o sindicato CNT «non existe ningún impedimento legal, de feito, a Secretaría Xeral de Inmigración e Estranxería respalda a a contratación igualitaria entre persoas nacionais e estranxeiras».

A sección sindical da CNT afirma que Médicos Sin Fronteras continúa a manter a súa postura discriminatoria a pesar da vontade de diálogo da organización anarcosindical.

Intensifícase a campaña

Dous piquetes foron xa organizados en Compostela perante a sede da ONG na céntrica Rua do Vilar para informar da discriminación sufrida pola traballadora e traballador.

Outras cidades do estado, como Madrid, Barcelona. Málaga e Zaragoza, tamén se mobilizaron ante as sedes de Médicos Sin Fronteras en solidariedade co captador e captadora de socios. Unha campaña que, segundo informa a CNT «non se descarta escalar» vista a situación de ausencia de interese por parte da empresa de solucionar o conflito, afirma que «canto menos diálogo, máis mobilización, para que todo o mundo coñeza cales son os principios e valores de Médicos Sin Fronteras no tocante a política laboral».

Solidariedade Madrid

Solidariedade Málaga

Solidariedade Zaragoza

Piquete CNT Zaragoza MSF

Piquete en Zaragoza

Piquete CNT Barcelona MSF

Piquete en Barcelona

Piquete CNT Madrid MSF

Piquete en Madrid

 

Colado de: http://cntgaliza.org

Sección: