Diario libertario de lugo e galaxia

Protesta contra a lei do aborto

30/12/2013
16:50

O día 28 de decembro levouse a cabo na nosa cidade unha iniciativa en contra do proxecto de reforma da lei do aborto que quere levar a cabo o goberno do PP. Catro mulleres puxéronse a pedir esmola a beira das igrexas do centro de Lugo, cun cartaz que poñía “por favor, dame algo para ira a Londres a abortar”. Xurdiu dunha foto que circula polas redes sociais. A iniciativa chamou moito a atención dos lucenses, que diron 22€ en total, sendo estes para invertir nas seguintes protestas que se faigan. O máis emotivo de todo foi ver como un señor acompañado por un rapaz con síndrome de dawn deu esmola a todas. A meirande parte dos cartos foron dados por señoras maiores, sendo as rapazas novas as menos concenciadas co tema.

Sección: