Diario libertario de lugo e galaxia

Pedro García Olivo de volta por Galiza

03/03/2015
13:54

Con motivo da celebración dunhas xornadas de debate sobre o medio rural que se celebrarán en Samos o próximo 7 e 8 de marzo (consultar programa), Pedro García Olivo participará expoñendo a súa perspectiva antipedagóxica o domingo, 8 de marzo ás 12:30 no colexio da vila, baixo o título: Nos antípodas da escola. Aproximación ás educacións comunitarias rural marxinais.

Nestas xornadas expoñeranse, ademais, proxectos educativos de carácter libertario como a Escola Libre de Matavenero e iniciativas comunitarias pola autoxestión alimentaria, ecolóxica, tecnolóxica e da saúde como a de Xixirín (Arzúa).

Ademais, Pedro presentará o seu último libro: Dulce Leviatán; críticos, vítimas e antagonistas ao estado de benestar no Ateneo Libertario A Engrenaxe o próximo luns, 9 de marzo ás 20:00 h. A seguir, podedes ler unha breve sinopse que realiza o propio autor: 

"A forma menos vaporosa do Estado Social de Dereito recibiu o nome de «Estado do Benestar», que non sinala un benestar de todos na área das potencias hexemónicas e que se funda no malestar de case todos/as no ámbito dos países dependentes, como denunciaron tantos críticos do neo-imperialismo e da globalización. Esta modalidade do Estado non aparece como un telos da lóxica política do Capitalismo: pode vir e pode irse, achégase e afástase. Hoxe tende a difuminarse, no que atinxe aos países do sur de Europa; pero persevera e até se fortalece noutros, europeos e non europeos. Pretendo contribuír á súa crítica, pois percíboa como o maior engano, como o enxendro máis falsario, máis velenoso, que cabe dispor para a xustificación (lexitimación) da coerción gobernamental e da explotación social, para a perpetuación da casta política e do canon de vida dos sectores burgueses e «aburguesados» (dun lado, e por definición, empresarios, banqueiros, funcionarios, etcétera; doutro, cantos traballadores, empregados ou desempregados, se recoñecen na disposición psicolóxica) antes diciamos «mentalidade» da clase dominante, no seu «carácter social»: o sector maioritario da poboación, nas nacións do Norte)".

 

Sección: