Diario libertario de lugo e galaxia

Os touros non é cousa dos galegos

18/02/2014
16:06
Cada ano que pasa a afeción polos touros en Galicia decrece. E é que desde 2003 ata 2011, a asistencia a estes espectáculos en Galicia baixou nun 72,5%.
 
Son datos recollidos nas enquisas do Ministerio de Cultura sobre hábitos e prácticas culturais. Así, no relativo aos touros, destaca que que no período 2002-2003 foi dun 2,9% en Galicia e un 8,6% no conxunto de España as respostas positivas á asistencia a corridas de touros nese período.
 
Na enquisa de 2010-2011, os datos sobre esta pregunta situáronse no 0,8% en Galicia e 8,5% en España, polo que o descenso en Galicia foi dun 72,5%. "Unha brutal caída que confirma as demandas dos colectivos abolicionistas", destaca nun comunicado a plataforma Galicia Mellor sen Touradas.
 
Unha caída, ademais, que se produce cando determinadas institucións públicas --concellos e deputacións provinciais-- teñen financiado a organización e promoción da tauromaquia. Entre estas axudas, os antitaurinos destacan as subvencións que reciben as peñas taurinas da Coruña e Pontevedra ou a asunción de perdas empresariais por estes festexos en localidades como Sarria ou a propia cidade da Coruña.
 
Sección: