Diario libertario de lugo e galaxia

'Os 5 de Dallas': pelexando polas súas vidas

21/01/2014
15:31
por Mumia Abu-Jamal
 
O 10 de abril de 2010, realizouse unha redada na prisión de Dallas, Pennsylvania como represalia contra varios homes que denunciaran abusos ante a Coalición de Dereitos Humanos e tribunais federais.
 
Ao esperar violencia no seu contra, algúns dos denunciantes usaron sabas para selar as súas celas e dixeron que só sairían se os deixában reunirse cos altos mandos do Departamento de Correccións, para reportar a violencia e intimidación que enfrontaban.
 
Os gardas equipados con escudos, porras e cascos romperon as sabas, dispararon gas lacrimóxeno ou gas pementa, e golpearon os homes por protestar. Logo mandáronos a distintas prisións no estado de Pennsylvania.
 
Así naceu o grupo de presos coñecidos como 'os 5 de Dallas' (ao principio eran 6, pero un home aceptou un trato e foi liberado). Por participar nesta protesta non violenta, enfrontan cargos penais por amotinarse e provocar disturbios aínda cando eles estiveran mantidos en illamento --un home nunha cela-- as 24 horas ao día.
 
Os homes --Andre Jacobs, Carrington Keys, Duane Peters, Anthony Locke e Derrick Stanley-- esperaron o seu xuízo durante case catro anos.
 
Agora o xuízo está programado para o 21 de xaneiro de 2014 e a súa familia e xente solidaria esixen que os cargos se desestimen.
 
Shandra Delaney, a nai dun dos homes, unha investigadora da Coalición de Dereitos Humanos escribiu artigos sobre o caso e pide firmas no seu apoio.
 
A prisión de Dallas encóntrase no condado de Luzerne, o infame sitio do escándalo denominado "nenos por diñeiro en efectivo" no cal dous xuíces explotaron centos de nenos e nenas durante anos para gañar diñeiro a cambio do seu encarceramento.
 
Por aí celebrarase o xuízo de 'os 5 de Dallas', (se é que hai un xuízo).
 
Dende a nación encarcerada, son Mumia Abu-Jamal.
 

Firma unha petición aquí:  http://www.change.org/petitions/petition-to-dismiss-all-charges-against-dallas-5

Para ver mais información: http://scidallas6.blogspot.mx/p/about-dallas-6-resistance-and.html

 

8 de enero de 2014

Audio grabado por Noelle Hanrahan: www.prisonradio.org

Texto circulado por Fatirah Litestar01@aol.com

Traducción Amig@s de Mumia, México

Fonte

Sección: