Diario libertario de lugo e galaxia

Obedecer baixo a forma de rebelión

17/03/2013
13:11
O 15-M supuxo a alienación dunha parte da poboación, ata agora só desencantada, para a defensa por outros medios da orde establecida. Exclamou a súa pretensión de manter as condicións dunha vida insostible ao módico prezo de esquecer a opresión pasada, xustificar a presente e preparar a futura. Cando a submisión está tan arraigada usa a forma da rebelión para afirmar a súa renuncia. O máis significativo dos indignados non son as súas proclamas, aquilo que berra aos catro ventos, senón o que calan, sobre o que non teñen máis remedio que gardar silencio. Indignación ante que? Ante a inhumanidade do mundo que nos tocou vivir e o papel represivo de calquera Estado, ou ante os prezos dos pisos e a inutilidade dos títulos universitarios para conseguir un traballo ben remunerado? Con que se indigna a clase media occidental?
O tempo da indignación é o tempo da defensa dos privilexios, non o da revolución contra a orde que os produce. Ir na súa contra suporía aceptar unha redución drástica de moitas comodidades e prebendas que a organización técnica nos ofrece, e esa perspectiva non é alentadora para a maioría. Máis ben é exactamente o contrario do que defenden cando se indignan.
 
Preme na seguinte imaxe para acceder ao documento:
 
Sección: