Diario libertario de lugo e galaxia

O xuíz ordena a posta en liberdade de todas as persoas en prisión da Operación Pandora

30/01/2015
13:23
VICTOR SERRI / DISO PRESS
Fueron detenidas el 16 de diciembre y hoy abandonarán la cárcel. Habrán pasado un mes y medio entre rejas después de que los Mossos d'Esquadra asaltaran sus domicilios en el marco de una macro operación llamada Pandora y que, según el consejero de Interior Ramón Espadaler, tenía como objetivo la desarticulación de una presunta organización de “terrorismo anarquista”. Fuentes judiciales han confirmado la liberación inmediata que, casualmente, coincide con el día en que el departamento de prensa de los Mossos d'Esquadra han emitido un comunicado en el que se detallan las acusaciones contra las personas detenidas.
 
No comunicado, os Mossos acusan os detidos de formar parte do "grupo criminal" GAC, que, segundo eles, estaría "adscrito aos postulados da organización terrorista FAI/FRI" e de ter posto artefactos explosivos en caixeiros de La Caixa e do BBVA. Os Mossos tamén afirman que se relacionan cos consoladores bomba que recibiron o arcebispo de Pamplona, Francisco Pérez, e o director dun centro educativo vinculado aos Lexionarios de Cristo en Madrid a finais de 2012. Tamén lles vincula con cartas bombas parecidas recibidas por unha empresa italiana con sede en Catalunya e outra carta "cun artefacto explosivo simulado" recibida nunha empresa valenciana. Só nun dos casos houbo un ferido: a carta enviada ao director do centro educativo, que explotou na oficina de Correos causando feridas leves a unha das funcionarias.
 
A pesar de que a policía catalá quería que se mantivese o segredo de sumario das actuacións ata o próximo 22 de febreiro, onte, repentinamente, o xuíz cambiou de criterio, rexeitou prolongar as investigacións e deu por acabada a reclusión dos sete presos. Está previsto que poidan abandonar as celas dos centros penitenciarios de Estremera, Souto do Real, Aranjuez e Valdemoro, todos eles situados na periferia de Madrid, hoxe a media tarde.
 
As mostras de apoio a estes mozos non se detiveron dende decembro. O mesmo día dos rexistros e as detencións, unha manifestación de máis de 3.000 persoas percorreu as rúas do barrio de Gràcia e, en plenas festas de Nadal, máis de 1.500 persoas percorreron o centro de Barcelona e o paseo de Gràcia tras unha pancarta na que se lía "Terrorista és qui ens condemna a una vida de misèria, no que es rebel·la contra ella". En Madrid, centos de persoas participaron tamén nunha manifestación espontánea que tivo lugar o mesmo día. As convocatorias en solidariedade cos detidos na Operación Pandora repetíronse en Valencia, Girona, Tarragona, Salamanca e Valladolid, entre outras cidades.
 
Sección: