Diario libertario de lugo e galaxia

O orixe libertario do Día da Muller Traballadora (8 de Marzo)

09/03/2015
13:14

Segundo a prensa burguesa o 8 de marzo conmemórase pola morte de 129 obreiras textiles en Nova York que morreron queimadas vivas por un incendio no establecemento, iniciado polo mesmo propietario en 1857. Isto que afirman sen ningunha base ou sustento histórico e que se repite en escolas, xornais, folletos, actos, conferencias, etc etc, etc... non foi máis nada que un MITO... En realidade si houbo unha folga, si houbo lume, si houbo obreiras mortas, pero non foi un 8 de marzo de 1857, foi en 1908 cando 40,000 costureras de grandes fábricas textiles declaráronse en folga, demandando o dereito de unirse aos sindicatos, mellores salarios, unha xornada de traballo menor e a abolición do traballo infantil.

Algo é seguro. Estas obreiras non pedían o sufragio universal, non pedían ser políticas, non pedían parlamentar nos congresos nacionais, non pedían ser patroas, non pedían ocupar cargos jerárquicos comúnmente ocupados por homes neses anos, como elas dicían:

"Queremos o pan, pero tamén queremos as rosas!"

Durante a folga, foron brutalmente reprimidas pola policía, tomaron a Fábrica "Textil Cotton". Produciuse un incendio, morren aproximadamente 146 mulleres, a obreira máis nova vítima do lume e a violencia da patronal tiña 14 anos. 120.000 obreiras asistiron á manifestación-funeral. Cal é o motivo de que se cambie o ano real da folga? o motivo foi desvincular o carácter libertario das mulleres que se alzaron en folga, pois a maioría eran a de IWW (sindicato anarquista que tenia aproximadamente un cuarto de millón de afiliados e que ideológicamente opoñíase ao socialismo autoritario, abogando por unha organización libertaria).

A suposta folga de 1857 é un mito fabricado pola ONU para amputarlle o carácter revolucionario desta data, e establecer legalmente dentro dos parámetros dos Estados como un día festivo, un feriado máis, sen ningunha reivindicación "molesta" para os seus intereses. A ONU estableceu así o "o día da muller", cando en realidade é o día da muller TRABALLADORA e xa se conmemoraba moitas décadas antes de que se establecese "legalmente":

Teresa Claramunt, anarquista, obreira textil catalá, xornalista e sindicalista. Formou en 1889, xunto a Anxos López de Ayala e Amalia Domingo, a Sociedade Autónoma das Mulleres, o primeiro grupo de autoemancipación das mulleres traballadoras e sen recursos económicos. Elas e outras loitadoras propiciaron que o 8 de Marzo fose celebrado como un día reivindicativo pola folga de 3.500 obreiras textiles de Igualada, Barcelona, que realizaron o ano 1881, esixindo dereitos laborais e sociais -a revolución social. Un numeroso grupo de mulleres foi encarcelado nos 5 meses que durou a protesta. Desde entón todos os meses de marzo, as obreiras saían ás rúas do mundo para clamar polos seus dereitos, o mes de marzo de cheo de connotaciones libertarias...

Máis tarde no ano 1912, lonxe dos banquetes burgueses, as traballadoras texitles de Lawrence saían á folga. A enorme maioría non estaba organizada en sindicatos socialistas ou comunistas, xa que a AFL só afiliaba obreiros cualificados, é dicir, varóns brancos. A organización que encabezou a folga foi a IWW, organización que era maioritaria dentro do movemento obreiro norteamericano e que vía indispensable organizase os máis explotados entre os traballadores: mulleres, negros e inmigrantes.

"A historia do progreso está escrita co sangue de homes e mulleres que se atreveron a abrazar unha causa impopular, como, por exemplo, o home negro ao dereito do seu corpo, ou o dereito da muller á súa alma"

Emma Goldman

Sección: