Diario libertario de lugo e galaxia

O compañeiro Xurxo condenado a un ano de cadea polos feitos do 14-N

12/12/2013
18:11

Finalmente, nunha sentencia feita á medida da policía, o noso compañeiro, acusado en falso de un delito de atentado contra un axente da autoridade e de unha falta de lesións é condenado a un ano de cárcere e un mes de multa, ademáis de ter que indemnizar ao policía con 150 euros.

Así, a sentencia dá por boa a versión do policía, que dixo que Xurxo bateu nel durante o piquete do polígono do Tambre do 14N, e desbota por completo as dúas testemuñas aportadas pola defensa e as propias declaracións do acusado, nas que dicían o que realmente pasou: unha detención violenta e unha carga policial contra o piquete por pegar unha pegatina nun furgón da policía.

Se nos tocan a un, tócannos a tod@s!

Nengunha agresión sen resposta!

A nova da petición fiscal aquí, e a da xuízo aquí.

Fonte

Sección: