Diario libertario de lugo e galaxia

Nove detidos en A Coruña durante a Folga Xeral

15/11/2012
13:55

 

O saldo represivo da xornada de folga de onte, 14 de novembro, na cidade de A Coruña foi de nove persoas detidas, cinco delas aínda permanecen ingresados nos calabozos a espera de comparecer hoxe nos xulgados.
 
A primeira das detencións produciuse a iso das 11:30 da mañá, durante un piquete composto por anarcosindicalistas da C.N.T. e máis por anarquistas autónomos. O detido aínda atópase a espera de pasar a disposición xudicial.
 
O seguinte envite represivo sucedeu sobre as 12:30, pouco despois do comezo da manifestación dos sindicatos amarelos C.C.O.O., U.G.T e C.I.G., cando un piquete anticapitalista despregou unha faixa ao paso da comitiva oficialista co lema "Sindicatos traidores. 5.000.000 de parados. Que coño estades facendo?". Tras de longos forcexeos co "servicio de orde" da manifestación e de varios momentos de tensión, as forzas antidisturbios zanxaron a cuestión en favor dos seus colegas amarelistas levandose a catro antiautoritarios para os calabozos. Os detidos saían da comisaría case oito horas máis tarde baixo cargos de tentar impedir o dereito a manifestación.
 
Chegados a este punto e importante sinalar que ningún dos detidos pertence a C.N.T. nin realizou a acción no nome desa anarcosindical. De feito a faixa levaba como sinatura "Autonomía Obreira". Neste senso os periódicos, coma acstuman facer, minten.
 
As derradeiras detencións da xornada producíronse a primeira hora da tarde, preto do obelisco, nun piquete adicado ao peche dos numerosos bares repletos de "sindicalistas" festexando o fin da manifestación oficial. Catro persoas permanecen aínda detidas acusadas de delitos de atentado e desobediencia. Contrariamente ao dito nos medios comerciais, ningún deles é anarquista nin teñen relación coas anteriores detencións.
 
Continuaremos informando.
 
C.R.
 
Extraido de: Abordaxe
Sección: