Diario libertario de lugo e galaxia

NON AO RECORTE DAS BECAS ERASMUS

07/11/2013
11:55

O pasado 29 de octubro puidemos ver como o goberno, de novo, roubábanos oportunidades para estudar, atacando esta vez ás becas Erasmus para mobilidade europea, xa deficientes de por sí. A modificación producíase sen ningún tipo de publicidade, oscurantistamente polo Ministerio, e nun momento no que miles de xóvenes atópanse no extranxeiro cursando estudos sen saber que a axuda que agardaban non chegaría.

Ata este curso ás beneficiarias desta beca o Ministerio dáballes 100€ e se ademais obtiveran algunha beca xeral do Ministerio o curso anterior concedíanlle 85€ máis. Según o resuelto no mencionado BOE, “Son beneficiarios da subvención os estudantes seleccionados para a súa participación no programa Erasmus no curso 2013-2014 (…)e que a súa vez foran beneficiarios dunha beca das denominadas de carácter xeral concedida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte durante o curso 2012/2013”, é dicir, a partir deste curso xa comezado esta axuda só se lle concedería a alumnas que recibiran a beca MEC no curso anterior e que dependendo da disponibilidade orzamentaria a axuda podería chegar aos 300€ según se recolle no artigo 5.

Non só se endurecerían as condicións para o acceso a becas de carácter xeral, se non que ademais recortaríase cuantía destinada aos estudos Erasmus o que era unha clara decisión do Ministerio por rematar coa mobilidade a nivel europeo. Por outra banda, a alusión do Ministerio á “disponibilidade orzamentaria” para a asignación da cuantía ás beneficiarias era unha trampa dado que o orzamento en becas ven recortándose dende 2011 e serve ao goberno como excusa para recortar a mesma.
Estudantes sen Futuro denuncia a actitude dun goberno que actúa sen prestar atención ás necesidades das estudantes que cada día ven máis mermadas as súas posibilidades de completar a súa formación, así como de mobilidade tanto dentro como fóra do país. Estas axudas foron e son precisas para que moitas estudantes teñan nas súas cidades de destino unhas condicións de vida dignas, e debido á acción oscuantista do goberno poderían verse obrigadas a retornar por verse incapaces de afrontar os gastos de manutención no extranxeiro.

Finalmente este proxecto foi botado cara atrás grazas, en parte, á presión xerada polo movemento estudantil. As estudantes atopámonos cada día mais indefensas ante iste tipo de medidas que o goberno decide aplicar , medidas que asoballan ao estudantado e que arrebátanlle calquer posibilidade de formarse e sair adiante.

Por un ensino público, laico, democrático, feminista, de calidade e en galego.

Continuamos unidas e sen descanso loitando polos nosos dereitos.

+info: http://estudantessenfuturo.wordpress.com

Sección: