Diario libertario de lugo e galaxia

Nace o Sindicato de Telecomunicacións e Servizos Informáticos

29/01/2014
21:05
Chegou o momento de liquidar o noso proxecto anarcosindicalista. Liquidalo, se, pero para transformalo nun novo que poida recoller todas as enerxías e expectativas que cada vez máis traballadores e traballadoras mantemos nesta forma de organizarse e relacionarse. O tempo e a validez de "a" STSI da CNT-AIT de Madrid extínguese e expira. Agora é o momento "do" STSI.
 
Despois de dez meses de crecemento en actividade social, sindical, así como en afiliación e militancia, a asemblea da Sección de Telecomunicacións e Servizos Informáticos da CNT-AIT de Madrid tomou o acordo de converterse en sindicato de ramo federado á CNT.
 
Neste xeito, o cosmos anarcosindicalista ve agora nacer ao Sindicato de Telecomunicacións e Servizos Informáticos, o primeiro do devandito ramo que existe na xa lonxeva historia da mítica CNT.
 
As nosas formas, reivindicacións e obxectivos permanecen sen variar nin un ápice, e son os mesmos que nos levaron ata a consecución deste logro. Seguimos apostando por unha organización entre iguais, horizontal, antiautoritaria e libertaria, afastada das prebendas que o Estado ofrece aos sindicatos delegacionistas en forma de subvencións ou horas sindicais. Mantémonos ademais en frontal oposición ás eleccións sindicais, parlamentarias e de calquera outro tipo porque non queremos delegar os nosos problemas e as nosas vidas nun terceiro.
 
Este último ano enfrontámonos, con maior ou menor acerto, a corporacións como Capgemini, Indra, Banco Santander (ISBAN), Ydilo ou Panel Sistemas, e malia que nalgúns destes conflitos o obxectivo último non se conseguiu (ou polo menos ata a data de publicación deste artigo) a realidade é que resultaron todos en vitorias. Victoria por demostrar que os traballadores e as traballadoras podemos organizarnos sen burocracias para defendernos. Victoria por difundir entre os equipos como actúan e de que viven os Comités de Empresa e en que consiste ese engano chamado "eleccións sindicais". Victoria pola crispación, nervios e preocupación mantidos nos directores e xerentes destas empresas que pisan os nosos dereitos coma se non fose con eles. Victoria por mobilizar á clase traballadora máis alá das fronteiras españolas. Pero sobre todo vitoria persoal a de cada un de nós e nós por comprobar de primeira man o significado da solidariedade, o apoio mutuo e a dignidade anarcosindicalista.
 
Ademais de vindicar dereitos laborais e responder a xefes tiranos, a espiral represiva do Estado ou os procesos privatizadores dos últimos gobernos foron outros dos asuntos que tamén ocuparon o noso tempo e esforzo. No ámbito social tamén destacou o traballo que desenvolvemos en en referencia á privacidade nas redes, a represión dixital e a autodefensa, despois de lanzar un itinerario con outros colectivos e individualidades para continuar desenvolvendo estes aspectos baixo un prisma libertario.
 
Mantemos nesta etapa como sindicato a situación dos nosos locais, onde seguiremos atendendo, como ata agora o viñamos facendo, a todos os traballadores do ramo para non só intentar solucionar dúbidas e problemas senón tamén para escoitar propostas, ideas e anhelos. En definitiva, seguiremos "facendo sindicato" tanto nos nosos locais de Tirso de Molina coma na rúa e noutros espazos dende os que poder difundir a idea.
 
Aproveitamos para facer un chamamento aos traballadores e traballadoras do ramo TIC a que dean o paso e se organicen entre iguais co Sindicato de Telecomunicacións e Servizos Informáticos da CNT de Madrid. Non é momento de mirar a outro lado, non é momento de mentirse a un mesmo e autoxustificarse, non é momento de medo alguno, é momento de tomar as rendas e gozar coa loita por unha sociedade xusta e igualitaria.
 
Foron meses de moito traballo ata chegar a formar este sindicato de ramo, pero o camiño non fixo máis que empezar, porque o noso anhelo de liberdade e xustiza continua máis presente que nunca.
 
Seguimos adiante, a pola revolución social.
 
Sección: