Diario libertario de lugo e galaxia

Movimiento Social Republicano: Neonazis vestidos de esquerda

08/05/2012
22:36
Movimiento Social Republicano: Neonazis vestidos de esquerda

Queremos chama-la atención sobre un novo brote de nazismo en Lugo, esta vez amosando a súa cara máis amable, na liña doutros partidos que están medrando no estado como Plataforma per Catalunya ou España2000 que, mediante discursos populistas, manipulación e estratexias electoráis estanse a espallar agochando o que sabemos que é o Nacional-Socialismo: A criazón dun estado totalitario, baseado na autoridade extrema e o odio racial.

Este partido, do que estamos a ver pegatinas últimamente en Lugo e o "Movimiento Social Republicano", con consignas pola banca pública, críticas a clase política e o paro, etc. Detrás desta fachada agochase unha corrente Nacional-Socialista, en auxe en europa, especialmente en Rusia e países do leste, que poderíamos chamar "Nazismo-autónomo". Son grupos formados (ainda que non exclusivamente) por skin-heads neo-nazis, cunha estética propagandística moi achegada a esquerda radical ou mesmo ó anarquismo (roupa escura, bandeiras negras ou roxi-negras, reivindicacións pola loita social, etc.) e que convinan a militancia en partidos políticos con outros grupos de "acción" (principalmente adícanse a atacar inmigrantes, militantes de esquerda, centros sociais, ocupas...).

Curiosamente, a aparición destes colantes coincide coa aparición de diversas pintadas con esvásticas e con frases como "nacional-revolucionarios" (mesma terminoloxía que emprega este partido) e "Josué Libertad" (militar de extrema-dereita que asasinou ao xove antifascista Carlos Palomino de 16 anos cando o militar se dirixía cada a homenaxe ao dictador Franco no 20N en Madrid, no 2007)

Ideario

Dentro das súas propostas, destaca a nacionalización da banca e da terra, pero dende unha perspectiva autoritaria, é dicir, a criazón dun estado dictatorial onde todo sexa xestionado polo estado, na liña clásica de Falanxe e Primo de Rivera, así como un nacionalismo español extremo.

Por outra banda, culpan os cidadáns nacidos noutros países dos problemas económicos e sociais. Como podemos ler no seu programa político (que pode ser consultado na súa páxina web):

Proponemos el retorno de todos los inmigrantes, de acuerdo con las necesidades reales de la economía, la sociedad y la cultura de aquí. Tanto de los legales como de los ilegales

Vínculos co movemento Nazi-Skin "Blood & Honour"

Blood & Honour (Sangue e Honor) é un movemento de Skin-Heads Neo-Nazis con presencia en distintos estados europeos, vinculado a ataques a inmigrantes e o grupo armado "Combat 18" (os números fan alusión as letras AH de Adolf Hitler) e que foi desarticulado no 2005 na operación policial "Espada", na cal requisaron diversas armas e libros e propaganda Neo-Nazi. En total houbo 19 detidos, dos cales 17 eran militantes do MSR e foran nas listas electoráis deste partido. Tamén compartían sede en San Sevastián dos Reis (Madrid). Un dos detidos, ademáis é o propietario da tenda de roupa Rivendel, que distribúe prendas de estética Skin-Head (moi caras por certo)

Alianza entre MSR, España2000 e Frente Nacional

Estes 3 partidos fascistas firmaron unha acordo de mínimos no 2009 que incluía un pacto de non-agresión, a non superposición de datas para actos públicos, e o establecemento de vías de comunicación para impulsar o crecemento do movemento "nacional revolucionario" (sónavos de algo?)

Tamén puidemos ver recentemente no seu blog o regocixo co que celebravan o crecemento electoral do Frente Nacional Francés (Marie Le Pen) tra-la primeira volta das pasadas eleccións francesas.

Por otra banda, Juan Antonio Llopart, lider do partido MSR, foi xulgado no 2010 por administrar a editorial fascista "Ediciones Nueva República", polos delitos de incitación ao xenocidio, e contra os dereitos e as liberdades, ainda que no 2011, o Tribunal Supremo absolveunos, xa que ainda que admitiu que a editorial "constituya una difusión de ideas favorables al régimen nazi, que en ocasiones incluyen justificaciones del genocidio, y de contenido discriminatorio", considerou que non constitue "un peligro cierto de generar un clima de hostilidad que pueda concretarse". Así mismo, este personaxe foi condeado por asociación ilícita por pertenzer ao grupo neonazi ilegalizado "Círculo de estudos indoeuropeos"

 

Así pois, que a ninguén lle caiba dúbida do carácter Neo-Nazi deste partido. Non queremos Neo-Nazis en Lugo nin en ningures, toleracia cero co fascismo, limpemos as rúas de calquera propaganda deste partido que incita ao odio entre os veciños, e toleracia cero coas agresións fascistas.

NON PASARÁN

Sección: 
Etiquetas: