Diario libertario de lugo e galaxia

Morreu Jesús Lizano

28/05/2015
21:43

A xente desaparece cando morre. A voz, a risa, o calor do seu alento, a carne e finalmente os ósos. Todo recordo vivo dela termina. É algo terrible e natural ao mesmo tempo. Con todo, hai individuos que se salvan desa aniquilación, pois seguen existindo nos libros que escribiron. Podemos volver descubrilos. O seu humor, o ton da súa voz, o seu estado de ánimo. A través da palabra escrita poden enoxarte ou alegrarte. Poden consolarte, poden desconcertarte, poden cambiarte. E todo iso pese a estar mortos. Como moscas en ámbar, como cadáveres conxelados no xeo, iso que segundo as leis da natureza debería desaparecer consérvase polo milagre da tinta sobre o papel. É unha sorte de maxia.

Como quen coida das tumbas dos mortos, eu coido dos libros. Límpoos, fágolles pequenos arranxos, mantéñoos en bo estado. E cada día abro un ou dous tomos, leo unhas liñas ou páxinas, permito que as voces dos mortos esquecidos resoen na miña cabeza. Nota un escritor falecido que alguén está lendo o seu libro? Aparece un escintileo de luz na súa escuridade? Estremécese o seu espírito coa caricia lixeira doutra mente lendo a súa mente? Iso espero. Pois estando mortos deben de sentirse moi sos.

Diane Setterfield

Jesús Lizano (Barcelona, 23 de febreiro de 1931 - 26 de maio de 2015), poeta e pensador libertario, formou parte do Consello de Redacción de Polémica, onde publicou durante case vinte anos a Columna poética e o Pozo político.

Bibliografía

Poemas de la tierra (Col. Atzavara, 1955)

Jardín botánico (Instituto Iberoamericano, 1957) Premio Boscan.

Libro de la soledad (Ed. Barna, 1958)

La creación (Ed. Occitana, 1963)

Tercera parte de la creación (Ed. Occitana, 1964)

La creación humana (Ed. Marte, 1968)

Fin de la tierra (Ed. Marte, 1972)

Ser en el fondo (Ed. Occitana, 1974)

Veinte poemas desesperados y un canción de amor (Ed. del autor, 1981)

Mi mundo no es de este reino (Ed. del autor, 1982)

Labios como espadas (Ed. del autor, 1983)

Sonetos del miserable (Ed. del autor, 1984)

Misticismo libertario (Ed. del autor, 1985)

Camino de imperfección (Ed. del autor, 1987)

Lo unitario y lo diverso (Ed. Lumen, 1989)

La palabra del hombre (Ed. Adonais, 1990)

La selva (Seuba ediciones, 1991) Premio Ciutat de Martorell.

Sonetos (Ed. Lumen, 1992)

Héroes (Ed. Libertarias, 1995)

Lizanote de la Mancha o la conquista de la inocencia (Ed. El Ciervo, 1997)

Lizanote de la Mancha o la conquista de la inocencia, 2ª parte (Ed. El Ciervo, 1998)

Lizanote de la Mancha o la conquista de la inocencia, 3ª parte (Ed. El Ciervo, 1999)

Lizania. Aventura poética 1945-2000 (Ed. Lumen, 2001)

¡Hola compañeros! Manifiesto Anarquista (Ed. Fundación Anselmo Lorenzo, Madrid, 2010)

El ingenioso libertario Lizanote de la Acracia o la conquista de la inocencia (Ed. Virus)

Lizania. Aventura poética 2001-2013 (Ed. Fundación Anselmo Lorenzo, Madrid, 2014)

Fonte: Revista Polémica

 

Sección: