Diario libertario de lugo e galaxia

Marchas pola dignidade. Non á criminalización da protesta social

20/03/2014
00:31

Expoñemos, a seguir, dous comunicados -traducidos por abordaxe-, un titulado: "Non á criminalización da protesta social" e outro: "Encapuchadxs para loitar" que denuncian unha campaña que ten por obxecto fomentar a colaboración das manifestantes cos corpos represivos do Estado, identificando a aquelas persoas que leven o rostro tapado. 

1.- COMUNICADO URXENTE. 22M.- "Non á criminalización da protesta social" 

Dende hai unha semana, estase a difundir un comunicado nas redes sociais anunciando supostos infiltrados policiais e chamando a quitarlles a carapucha e identificalos e mesmo a agredilos. Todos os presentes sabemos que en todas as manifestacións hai secretas (policías de paisano) e "CUCAS" (xornalistas que fan labores parapoliciais). Secretas que buscan deter ou policías que buscan gravar as caras para detencións.

Por esa razón, moitas persoas acoden tapadas ás manifestacións. Primeiro, por se toca responder ás agresións policiais e ás agresións do sistema. E segundo, para evitar que un CUCA poida gravarche a cara e te deteñan, como xa se fixo a moitos compañeiros.

Tamén moitas persoas van ao 22 M non coa intención de pasear (como lles gustaría a moitos que van e esperan que só sexa un sitio onde pescar votos) e de deixarnos pegar pola policía e os antidisturbios, senón coa intención de que sexa unha mobilización que recorde a Gamonal, a Bilbao, á loita dos mineiros e non a absurdas protestas con bailes que en catro anos quedou claro que non serven para nada. 

A persoa que escribiu esa mensaxe viral na que se narra que Cristina Cifuentes infiltrou xente, un ultrapacifista con graves incoherencias di"ter fontes da policia". Dende aquí preguntámonos Por que tes fontes da policia?, Quen, dende dentro da Policia, vos "cantas" o que teñen pensado facer? E, sobre todo, Por que?. Non será que o que a policia, xuntamente con algúns partidos buscavotos e algúns sindicatos do poder é que a protesta non se radicalice? Infundir medo?

En nosa paxina fomos claros. Sempre o fomos. Sacamos á luz, mesmo antes que medios convencionais, cousas que sacaban a relucir a merda da Policia. Denunciamos activamente o seu papel represor. O seu papel de cadea do sistema. E XAMAIS imos criminalizar aquelas persoas que se neguen a ser detidas e que se defendan da brutalidade policial.

Por iso, consideramos unha grave irresponsabilidade que determinados pacifistas, no seu afán de que a protesta non mostre a rabia e a ira popular, chamen ao linchamento e identificación, é dicir,A COLABORAR COA POLICIA, contra aquelas persoas que vaian cubertas, tapadas, ou simplemente rexeiten ir a unha manifestación a facer o indio.

Xa pasou no 15-M. Xente que SINALABA aos que opoñían resistencia. Pasaron catro anos, e a loita mineira ou a de Gamonal debéronnos ensinar algo.

Que cada quen faga o que considere, nós non imos sinalar aos que non queiran pelexar, pero o que xamais imos facer é AXUDAR á Policia e quitar a carapucha aos que se atrevan a pelexar. Iso só farémolo aos SECRETAS e aos CUCAS. Que como calquera persoa sabe, haberá na manifestación do 22 M como hai en todas, facendo o seu miserable labor por un prato de lentellas.

Agradecemos a difusión desta reflexión en nome dos Administradores de NON Á CRIMINALIZACIÓN DA PROTESTA SOCIAL.

2.- Encapuchados para loitar

"E miren o que son as cousas porque, para que nos visen, tapámonos o rostro; para que nos nomeasen, negámonos o nome; apostamos o presente para ter futuro; e para vivir... morremos". Subcomandante Marcos.

O 22 de Marzo nas Marchas da Dignidade moitxs dxs mozxs dos vilas dignas iremos co rostro cuberto, con carapuchas, ocultando os nosos rostros, ocultamos os nosos rostros porque non loitamos para a foto nin para buscar votos.

Cubrímonos o rostro, encapuchámonos porque os nosos brazos están co resto do noso pobo e de todos os pobos oprimidos polo estado español. Porque as nosas mans, son as mans que golpean o corazón da besta, á vez, como un só puño de rabia e esperanza.

Somos as fillas dos desherdados, por iso cubrímonos o rostro, porque somos as fillas dos ninguén, somos as fillas do pobo traballador, do pobo que día a día, paso a paso, loita pola súa liberdade, como pobo, como mulleres, como clase.

Os nosos rostros están cubertos, pero as nosas miradas son claras, as nosas miradas reflicten a vosa violencia, o fastío, todos os golpes que nos destes, aínda que as vosas leis queiran prohibir cubrir os nosos rostros, iso só reflicte o medo, porque ademais de todo iso, nos nosos ollos vedes a ilusión, a esperanza e a forza que nos levara a construír ese novo mundo, non vos temos medo.

Por todo isto na Columna Xuvenil dos Pobos iremos con carapuchas, cubrindo o noso rostro, porque o presente é de loita e o futuro é noso.

Aos que lles interesan os rostros descubertos é aos represores, por iso na Lei Mordaza será multado, para facilitar a identificación, para reprimirnos e perseguirnos individualmente.

Voceiros do réxime e apagafuegos varios, non somos infiltrados, somos pobo e ata o último paso iremos co pobo. 
 

 

Sección: