Diario libertario de lugo e galaxia

Manifestación en Lugo en contra da LOMCE 20 Novembro

24/11/2013
00:18

Unha vez máis a CNT en Lugo participou na manifestación convocada polo Sindicato de Estudantes con motivo da folga estudantil do pasado 20 de Novembro para denunciar o atraso que supoñerá a LOMCE para o xa deteriorado sistema educativo de este país.

A manifestación comezou ás 12:00h na praza Hortas do Seminario e transcorreu sen incidentes para rematar diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia. A pesar de que consideramos que a LOMCE non é nin moito menos o único problema que ten o sistema educativo actual, si creemos que é necesario sair á rúa. Consolídase con esta lei o actual modelo de explotación orientando o ensino únicamente hacia o mercado de traballo e non hacia a formación científica e humana do estudantado, a privatización (empobrecendo ainda máis o ensino público), a centralización, a verticalización do sistema educativo público e a relixión dentro das aulas. Por todo iso para nos a folga sempre será un día para sinalar a eses que pretenden perpetuar este sistema de miseria.¡ Saúde e anarquía!

Sección: