Diario libertario de lugo e galaxia

Manifestación en apoio as Marchas da Dignidade

27/02/2014
17:03
A Plataforma de Apoio as Marchas da Dignidade de Lugo manifestouse o pasado mércores 26 diante do edificio da Xunta sito na Ronda da Muralla as oito da noite, sobre cincuenta persoas xuntáronse alí baixo a choiva que parecía querer regar a resposta dos lugueses, xa que moitos prefiren protestar nos bares que nas rúas.
Dúas pancartas se despregaban deixando ver as mensaxes baixo a luz das farolas, nunha líase "Lugo o 22M estará cas marchas da dignidade, queremos traballar non mendigar" e outra na que pedían "Aborto libre, gratuíto e na sanidade publica".
Entre as consignas que se puideron escoitar estiveron as de contido laboral coma "Manda carallo, nin dereitos nin traballo" ou "obreira despedida patrón colgado", coma tamén estivo ben presente a loita feminista con berros coma "Nos parimos, nos decidimos" entre moitas outras, ademais escoitouse outras coma "o dia 22 imos a Madrid", "Nativa ou estranxeira, a mesma clase obreira", "Non pode ser obreiros nas cadeas e os corruptos o poder" ou "Ningunha relixión na nosa educación".
Para rematar a concentración procedeuse a ler un manifesto e recordouse ca próxima asemblea organizativa será o xoves 6 de marzo no salón de actos do edificio de sindicatos as 20:00h.
Sección: