Diario libertario de lugo e galaxia

Luís Bazal, Memoria e fuga dun mestre anarquista galego

28/09/2013
17:05
Xerardo Dasairas Valsa (Verín, 1953) acércanos a historia xa non tan recente da sublevación militar e a represión que recibiu o pobo galego por parte dos Franquistas, neste libro coñecemos as vivezas dun mestre Galego, Luis Bazal e os seus pasos e carreiras para escapar dunha morte segura a mans dos sublevados e os demais inimigos da revolución social durante a 2º República Espanhola no ano 1936. 
 
O libro de Edicións A Nosa Terra, comeza cunha breve biografía de Luís Bazal "O mestre de Palmés", onde coñecemos mais sobre a vida do mestre fuxido, fala non so da súa vida, se non tamén dos seus articúlaos, loitas a ademais dos seus libros escritos dende o exilio na Francia, para logo, escrito en formato de novela, contar a fuxida que iste tivo que emprender coa axuda da súa inagotabel muller Palmira e outros coñecidos e descoñecidos que fixeron posíbel este longo e duro viaxe, as miserias que tivo que sufrires dende que saíu de Ourense ata que cruzou a raia e entrou en Portugal, o seu mal paso polo pais vecinho onde estivo internado no forte de San Neutel, en Chaves, ata a súa entrega en Tarragona ao bando republicano. Desgrazas que moitas persoas galegas tiveron que sufrires na súa pel, naqueles duros dias e peores noites. 
 
Unha das moitas persoas que viron o terror de preto, inda que por sorte, Luís Bazal puído fuxir dunha morte segura, non coma moitos outros que quedaron polo camiño.
Sección: