Diario libertario de lugo e galaxia

Identificado un sospeitoso pola morte de Iñigo Cabacas

25/02/2015
13:34
 EKINKLIK
Case tres anos despois da morte de Iñigo Cabacas, afeccionado doAthletic de Bilbao que morreu polo disparo dunha bala de goma durante a celebración dunha vitoria deportiva en Bilbao, identificouse un primeiro sospeitoso, segundo informa o diario Gara. Trátase dun axente da Ertzaintza que, segundo as probas periciais, se encontraba no lugar e o momento concretos que o presentan como sospeitoso de ter sido o autor do disparo. Esta identificación produciuse despois da declaración, o pasado 12 de febreiro, de dous peritos da Policía ante a xuíz que instrúe o caso. Non obstante, o xornal vasco preferiu, engade, en respecto á presunción de inocencia, ao encontrarse o sumario en fase de instrución e ao non poder falarse aínda de probas concluíntes, non desvelar de momento a identidade do sospeitoso.
 
Á causa incorpórase un vídeo gravado dende o balcón dunha vivenda e no que pode verse un axente con chaqueta vermella disparar dende a parte posterior do autobús, dende a zona que as testemuñas identifican como o lugar do que saíron os disparos, un dos cales feriu o mozo.
 
Ata o momento, cinco axentes da Ertzaintza áchanse imputados pola morte do mozo, aínda que ningún foi apartado do seu posto.Iñigo Cabacas, que tiña 28 anos, resultou ferido de morte o 5 de abril de 2012 despois dunha carga da Ertzaintza durante a celebración da vitoria do Athletic contra o Schalke 04. A autopsia confirmou que a morte se producira por unha fractura cranial e unha grave hemorraxia provocadas por unha das decenas de balas de goma disparadas polos ertzainas.

 

Traducido de: https://www.diagonalperiodico.net/libertades/25842-identificado-sospecho...

Sección: