Diario libertario de lugo e galaxia

A fuxida do portiño. Historia, memoria e vítimas

11/03/2015
17:52

Carlos Velasco - Dionísio Pereira - Emilio Grandío - Eliseo Fernández (Ed.).

Un importante grupo de de activistas sindicais e políticos foi masacrado na Coruña de 1937. Como tantos outros militantes obreiristas, tentaban fuxir do terror imposto polos militares alzados contra a República. Froito dun rigoroso trabalio dun grupo integrado por Carlos Velasco, Dionisio Pereira, Emilio Grandio e Elíseo Fernández, é esta unha investigación que circula por dous camiños ben diferenciados. Un deles é afondar no feito concreto da tentativa de fuxida dos sindicalistas e tamén no sanguento proceso represivo desatado que levou á morte de 19 persoas nun exemplo do exterminio aberto cos homes máis destacados do movemento obreiro galego. O outro, incide nunha visión xeral do momento histórico no que se produciron os feitos e mesmo da situación que se derivou de todo o proceso represivo aberto co golpe militar do 36 en Galiza e na Coruña en particular.

Edicións A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, Colección O fardel da memoria, 26. Galicia 2009
 

Sección: