Diario libertario de lugo e galaxia

Comunicado dos titiriteiros Raúl García Pérez e Alfonso Lázaro de la Fuente.

14/02/2016
17:17

En primeiro lugar queremos agradecer inmensamente todo o apoio que recibimos, tanto dos nosos familiares e amigos, como de toda a xente que se organizou para axudarnos dun ou outro xeito, tanto na rúa, como nos medios de comunicación, de xeito individual e de xeito colectivo. Énchenos de emoción e é o que nos fai manternos fortes. De verdade, grazas...

O dique construído no río Miño en Lugo non pasou a avaliación de impacto ambiental

11/02/2016
16:07

ADEGA, no seu nome e como parte do movemento “Lugo de cara ao Miño”, vén de presentar alegacións ao procedemento sancionador aberto pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil contra a empresa INCA e o Concello de Lugo pola construción dun dique no leito do río Miño incumprindo a Declaración de Impacto Ambiental e o Proxecto de Rehabilitación e aumento de caudal do aproveitamento hidroeléctrico da Fábrica da Luz de Lugo.

Un mozo disfrazado de marionetista e tres amigos identificados no entroido

10/02/2016
13:55

"Enaltecemento do terrorismo"?
O pasado 8 de febreiro, catro mozos foron identificados por axentes do CNP no decurso das celebracións do entroido na Praza Maior de Ourense. O primeiro en ser identificado foi un mozo que ía disfarzado de marionetista e exhibía un cartaz co lema “Gora Alka-ETA”. Os tres restantes limitáronse a interesarse polas razóns da identificación do amigo.

Ante o intento de desaloxo de 80 familias

09/02/2016
19:47

A Federación Anarquista de Gran Canaria quere dar a coñecer este caso á opinión pública que, malia a súa gravidade, está sendo sumido nun silencio informativo, sobre todo nos medios de esquerda, que só pode deberse á terxiversación mediática da vella política parlamentaria. Imos intentar arroxar luz sobre o asunto.

8, 9 e 10 de Marzo datas para o xuízo contra xs compañeirxs Francisco e Monica

08/02/2016
14:17

Tras mais de dous anos en prisión preventiva, a nauseabunda Audiencia Nacional decidiu fixar para os días 8, 9 e 10 de Marzo do 2016 o xuízo contra xs compañeirxs Monica e Francisco.

Durante aqueles días xs compañeirxs serán levadxs ao altar da súa xustiza, nun novo ritual inquisitorio contra coñecidxs compañeirxs anarquicxs.

A defensa dos titiriteros asegura que os pais foron advertidos de "escenas violentas"

08/02/2016
14:09

Recorre a prisión provisional porque non hai risco de fuga nin de reiteración delituosa: non teñen medios para escapar nin os guiñoles fóronlles devoltos

Un dos encarcelados ten unha minusvalía recoñecida pola Xunta de Andalucía do 75%

Os avogados alegan que non se pode facer apología dunha organización terrorista que non existe, en alusión ao cartel "Gora Alka-ETA"

Páginas

Subscribe to Canal de noticias de la página principal