Diario libertario de lugo e galaxia

Exposición Mulleres e Anarquismo no Ateneo Libertario A Engranaxe

10/03/2014
23:16
O pasado xoves 6, as 20:30h, o Ateneo Libertario A Engranaxe organizou unha exposición onde se repasou a historia da muller no anarquismo, nela puidemos ver 60 biografías cas súas respectivas fotos, onde se plasmaban dous séculos de loita e forza, a influencia da muller no anarquismo e a influencia do anarquismo na muller. 
Tamén participaron no acto Carmen Blanco, escritora e profesora ca que puidemos disfrutar dunha interesante charla debate onde comezou falándonos sobre Federica Monseny ou Emma Goldman, falounos tamén sobre Mulleres Libres, Sebastiana Vitales, As Irmas Fandiño tamén coñecidas coma As Tres Marias. 
Participou a continuación, Montserrat Núñez, anarcosindicalista e secretaria da CNT en Lugo, que nos agasallou co poema "Las Personas Curvas" de Jesús Liziano. Tamén estivo presente o poeta, escritor e profesor Claudio Rodríguez Fer, que participou no debate, lembrándonos o paso pola nosa cidade de Urania Mella, filla de Ricardo Mella e neta de Juan Serrano Oteiza que morreu o 26 de maio de 1945 en Lugo. No debate tamén se recordou o paso de Federica Montseny pola cidade, en decembro do ano 1935, onde visitou o Ateneo Libertario Humanidad Libre,
Dentro da exposición tamén había unha pequena selección de textos de Emma Goldman, Josefa Martín Luengo, Emilie Armand, Federica Montseny, Luce Fabbri, etc. A exposición permanecera montada para toda aquela persoa que non puidera vela ese dia, e que queira facelo.
Sección: