Diario libertario de lugo e galaxia

[Entrevista] HipHop Ateneu

13/09/2012
23:24
Hip Hop Ateneu

Hoxe temos o pracer de entrevistar a HipHop Ateneu, un colectivo de HipHop compostelano a piques de cumplir os 12 anos de madurez

[ElRetroceso] Hip Hop...Ateneu? Podedes explicarnos brevemente en que consiste o proxecto, sodes unha crew ou un colectivo políico?

[HHA] Somos un colectivo que utiiza o hip hop como ferramenta de transformacion social e criatividade persoal.dende unha perspectiva anticomercial e autoxestionaria

[ElRetroceso] quenes forman Hip Hop Ateneu?

[HHA] Formamo-lo un bo número de maleantes

[ElRetroceso] Canto tempo levades facendo música?

[HHA] O colectivo leva desde o ano 2000.Hai que matizar que este colectivo non é exclusivamente musical,usamos todas as canles que engloban o hip hop como formula de expresión.

[ElRetroceso]  Como vos organizades para os vosos proxectos?

[HHA] Organizamo-nos mediante grupos de afinidade, o colectivo funciona como unha rede de apoio e intercambio para os proxectos que desenvolvemos tanto de forma colectiva como individual.

[ElRetroceso] Con que equipo gústavos/podedes traballar para facer musica?

[HHA]  A maior parte dos proxectos musicais son realizados actualmente en Sin´studios, un selo de música anticomercial, xestionado por Skillfull, un dos integrantes do colectivo.

[ElRetroceso] O Hip Hop pasou nos últimos anos dos movementos sociais aos shows da MTV. Como valorades esta evolución? Outro Hip Hop é posible?

[HHA] Non estamos dacordo coa valoración que facedes.

O hiphop estivo mercantilizado prácticamente dende  os seus inicios,tamen e certo que se desenrolou con outros horizontes antagonicos a esa via mercantilizada, enton o hip hop sempre tivo esas  canles de difusión tan distintas, polo tanto outro hip  hop foi, é e sera posible. Os exemplos sobran: a influencia que tivo o hip hop na rearticulación comunitaria nas favelas do brasil, no chocó Colombiano, en USA ou en infinidade de sitios máis. A influencia tanto a nivel formativo como temperamental na revolta de Los Angeles no 92 ou Francia no 2005 entre moitos mais… Por outra banda, dende a súa comercialización, o Hip Hop supuxo un mecanismo de  ascenso social para moita xente  afundida na pobreza, polo que resulta sinxelamente humano, aínda que  nos cause dor recoñecelo, que a mercantilización do Hip Hop contara coa colaboración de algúns dos seus protagonistas. Por  estas razóns, dentro dos ambientes politicos, o Hip Hop enténdese,  como  unha especie de movemento social que foi domesticado demasiado cedo. Entendemos que o hip hop é unha formula de expresión o alcance de todo o mundo, por iso se presenta de forma tan heteroxenea e con unhas coordenadas socioloxicas e culturais moi distintas entre si.Realmente o hip hop e o que ti queres que sexa..

[ElRetroceso] Actualmente estamos vivindo un resurxir dos movementos sociais en todo o estado español debido a las chamadas "políticas de austeridade" implantadas por Europa, e Santiago de Compostela non é excepción. Vimos recientemente o movimiento Stop Desahucios, a ocupación do Cine Yago, a ocupación da Universidade de Santiago, o 29M entre otros.. Como valorades estos movementos y cara onde credes que nos diriximos?

[HHA] O movimento de stop desahucios parecenos que esta ben,que a xente resista contra contra a especulación do capital e algo loable, e é positivo que hoxe en dia surxan este tipo de experiencias de resistencia,mais que nada coñecemos algún caso a nivel estatal porque a nivel local ten pouca presencia.

Na ocupación da sala Yago podemos falar máis en primeira persoa xa que tivemos participación activa como colectivo,pareceunos un ensaio positivo,supuxo un revulsivo para o rearme e o intercambio de experiencias entre as distintas ópticas  antiautoritarias da cidade,os niveis de achegamento transcenderon  a normalidade cotiá,o impacto e a aceptación que tivo na vila axudou  a  que unha proposta antiautoritaria conseguise sair do ghetto e ter tanta sona a nivel propagandistico. tamén resultóu un adestramento intensivo para a guerra social, tanto de resistencia como de ataque. Cremos que non foi unha ocupación ”al uso” pareceunos unha iniciativa transgresora que trouxo aires frescos de unidade e acción directa a cidade.

Na greve do 29M a pesar do clima de revolta sin precedentes que se respirou durante 24 horas cremos que non acadou a transcendencia mediatica que se merecía, probablemente pola falta de propaganda e o antroido mediatico dos sindicatos. A acción directa tanto a nivel cualitivo como cuantitativo superou limites insospeitados para moitos ata facia pouco mentres que fallóu moito a nivel propagandistico.

Respecto a ultima pregunta cremos que nos diriximos cara o “Mad Max” e visto o visto parecenos un horizonte bastante apetecible.

[ElRetroceso] Como valorades a escena en Santiago a hora de tocar ¿cómo vedes o apoio das salas?

[HHA] Apoio?

[ElRetroceso] Na vosa páxina web (http://hiphopateneu.blogspot.com.es) pódense atopar distintos traballos para descargar. Que pros e que contras vedeslle ao uso de internet (tanto a nivel de difusión musical como en xeral)?

[HHA] Somos conscientes do papel negativo que xoga Internet como ferramenta de control social e mercantilizacion da vida, asumindo esa contradiccion entendemos que é un medio moi potente a usar para difundir os nosos proxectos. Como colectivo negámonos en rotundo a participar nas redes socias e todo tipo de estructuras deshumanizantes. Internet é dun arma de dobre filo.


[ElRetroceso] Qué opinades da SGAE? e da entrada de Antón Reixa na presidencia da SGAE?

[HHA] Tanto da Antón Reixa que “el rey del pollo frito” eso si, solo lle falta a chocolatina para perecer Slot  deberia facer un remake de “Los Goonnies” coa sua productora. Pouco ou nada imos decir da SGAE e da propiedade intelectual que non se teña dito xa. As nosas vidas non son mercadorias.

[ElRetroceso] Qué opinades das licencias copyleft?

[HHA] E unha ferramenta válida e sinxela para evitar que outra xente ou empresas rexistren as nosas creacións.,

[ElRetroceso] Qué nos estades preparando agora mesmo e para cando?

[HHA] Temos a marmita fervendo e chea de caldo,estade atentos o noso blog http://hiphopateneu.blogspot.com.es) na nosa casa hai barra libre.


[ElRetroceso] Queredes engadir algo máis?

[HHA] Gracias polo voso interese e moita forza para o voso proxecto.

 

 

 

 

 

Sección: 
Etiquetas: