Diario libertario de lugo e galaxia

Empresarios propinan unha malleira ao traballador que despediron e disolven a paus unha concentración da CNT-AIT

17/03/2015
20:45

Dous dos irmáns Ahmed, donos de Kebab Zurich, Pak Europa e Salamanca Kebab, empréndena a puñetazos, patadas e paus contra o traballador que despediron por esixir os seus dereitos e o piquete que o acompañaba.

O sindicato, que mantén un conflito coa empresa desde o pasado 10 de febreiro, convoca unha nova concentración de repulsa e prepara unha demanda por un delito contra o exercicio de dereitos fundamentais e liberdades públicas.


A empresa está citada nos xulgados do social de Salamanca, polo despedimento do delegado da CNT-AIT, para o vindeiro xoves 19 de marzo, e acumula numerosas denuncias ante a inspección de traballo. A estas súmase agora a agresión do pasado domingo 15 de marzo ás portas de Kebab Pak Europa, na que resultaron feridas catro acodes (o traballador despedido, dous compañeiros e unha compañeira do sindicato).

Paralelamente, a campaña de acción directa continúa. Mantense o boicot con piquetes informativos ás portas dos restaurantes. A CNT-AIT de Salamanca esixe a readmisión inmediata do anarcosindicalista despedido por denunciar os atropellos da empresa.

Kebab Zurich, Kebab Pak Europa e Salamanca Kebab comparten os mesmos patróns e as mesmas condicións de traballo indignas: Traballadores en réxime de semi-escravitude traballando 365 días ao ano. Condicións de higiene e seguridade lamentables. Salarios por baixo do mínimo legal. Contratos temporais encadenados e fraude á seguridade social.

Logo de soportar durante anos esta explotación, varios traballadores negáronse a continuar así e afiliáronse ao noso sindicato. Esixiron a totalidade do seu salario e presentaron as súas propostas para mellorar as condicións de todo o persoal.

Lograron contratos indefinidos, respecto das vacacións e días festivos e, por suposto, cobrar a cantidade íntegra reflectida nas nóminas.

A última xogada da empresa consistiu en reducir o salario dos repartidores ata chegar a cen míseros euros, só un terzo do salario orixinal.

A empresa deu aos traballadores a ?opción? de elixir entre a redución de soldo ou o despedimento directo, aínda que manteñen unha traxectoria constante de beneficios.

Finalmente, a empresa cumpriu a súa ameaza e despediu a quen non aceptaron a redución. O traballador despedido, organizado na CNT-AIT, decidiu aumentar a presión e comezar unha campaña de boicot co apoio do sindicato.

Si con esta manobra pretendían acalar as esixencias dos traballadores, están moi equivocados. Non toleraremos nin un só despedimento e seguiremos loitando polo que nos corresponde. Paso a paso cambiaremos o mundo.

NON CONSUMAS EN KEBAB ZURICH, PAK EUROPA E SALAMANCA KEBAB

 

+info: http://salamanca.cnt.es/2015/03/17/empresarios-propinan-una-paliza-al-tr...

Sección: