Diario libertario de lugo e galaxia

Desaloxan a Elisabeth Sanles

27/11/2013
16:34
Sobre 15 grilleiras e 100 autómatas uniformados, acudiron a vivenda de Elisabeth Sanles na rúa Antonio Noche, no numero 30 na Coruña hoxe po la maña para levar a cabo o desafiuzamento da familia. 
Onte os compañeiros de Stop Desahucios Coruña quedaron po la noite na casa de Elisabeth, pra estares po la maña cando chegaran a comisión xudicial, a que se presentou sobre as 9, unha hora antes do debido.
Mais ou menos as 10 da maña a policía comezaba a cortar a porta cunha radial, logo de aberta a porta e teres que cortar as cadeas que algún dos activistas tiñan para amarrarse a unha venta. 
Logo de ser detidas, as persoas solidarias con Elisabeth foron levados a comisaria de Lonzas.
A Elisabeth a levaron os servizo sociais a residencia de Sor Eusebia, e parece que lle queren quitar os nenos.
Fai dúas horas, tres persoas das detidas foron postas en liberdade 
 
 
Sección: