Diario libertario de lugo e galaxia

Cronica das Marchas da Dignidade

02/04/2014
23:03

Baixo as consignas: Emprego digno con direitos/, renda básica /, Non ao pago da déveda, por ilegal e ilexitima/, Servizos públicos para todas as persoas /, Vivenda digna para todas e todos/, Nen un recorte mais/, Fora os Gobernos da troika”... Trata de ser un reflexo do malestar que percorre todos os puntos de todo o estado. Catapultado polos feitos escalofriantes: seis millóns de parados, miles de desahucios, centos de suicidios silenciados, miles de millóns de recortes en educación, sanidade, pensións e outros gastos sociais.

Oito colunas pola dignidade. chegan a Madrid despois de percorrer vários centos de quilómetros a pé, desde distintos puntos do estado español, sumanselles os chegados en carros, autobuses e ferrocarril e decenas de miles de viciños de Madrid. A multitudinária manifestación, é cifrada en dous millóns quinientas mil persoas, por observadores internacionais. As cifras facilitadas polos meios de desinformación pola Delegación do Goberno son de 50.000 manifestantes, cifra que é rebaixada a 36.000 asistentes, posteriormente.

Nen un disturbio, nen enfrentamento, nen sequera unha palabra fora de ton durante todo o dia, toda unha xornada reivindicativa. A capital estaba a estoupar, prazas e ruas repletas de persoas que desfrutaban do soleado dia en bares e terrazas. Etc...

Ás cinco da tarde, como estaba previsto saiu da Pz. Atocha, as colunas por orde alfabético dos territórios, cada un coas suas bandeiras, cartaces, reivindicacións etc... As marchas desembocán en manifestación. Todo transcorre de forma pacífica e planificada, como un rio multicolor, cara a Plz. de Colón.

Cando chega a cabeceira da mesma, xa se atopa ésta ateigada de persoas, é lido un manifesto polos representantes de cada unha das colunas. Finalizado o feito ainda seguian saindo manifestantes de Atocha, (inicio da mesma) e comezan os actos festivos previstos. Gerena canta un par de coplas e é aplaudido, a Solfonica sobe ao estrado e comeza a cantar o hino da alegría en meio dun ambiente que, de non ser polo que nos movilizamos diríamos que festivo.

Famílias enteiras, avós, fillos e netos nos carriños... como decimos, tranquilidade total, até a hora dos informativos da noite nas TV, cando a policia anti-disturbios entra en acción na Pz. de Colon, arrollando e arrasando ás persoas que desfrutaban do acto mencionado.

Pasadas as nove da noite, xa habia 24 detidos, dos que tres eran menores. Os disturbios causan un centenar de feridos leves ou moi leves, dos que 55 eran policias. Estes feitos son utilizados polos servís meios de manipulación, para desvirtuar toda unha xornada exemplar, e acusar aos participantes.

Poderíamos desenvolver mil versións que de todo hai, pero destacar que é estraño o feito de que os meios silenciasen as convocatorias das marchas até tres dias antes da sua entrada en Madrid, que a patronal "CEOE", sindicatos "CC:OO e UGT" reunisense co presidente do estado español Mariano Rajoy en segredo uns dias antes á chegada das marchas.

Chámanos poderosamente a atención que a "patronal sindical" (que se autodenominan representantes dos obreiros e traballadores en outras ocasións), a dia de hoxe, non se pronunciasen de forma tajante e contundente acerca da forma de actuar da policia cara unha manifestación pacifica contra cidadáns que reivindicaban que non lle sexan expropiados e pisoteados os dereitos polos que tanto loitaron e costou conseguir; sen embargo, movilizáronse en pedir explicacións e responsabilidades aos mandos dos corpos policiais, por non saber xestionar a operación e pór en “perigo” aos mesmos U.I.P.

Non esquencemos, e mandamos saudos e parabens á borreguil in-prensa, pola sua labor desenvolvida durante o desenrolo das marchas, o seu silencio impagabel no seu papel de mercearios da pluma, tendo en conta que habia observadores internacionais e que están as elecións europeas a “tiro de pedra”. Todo conta.

As consignas que deben ter eco na prensa son aquelas que saen dos despachos oficiais, !non vaia a ser que lles saquen a publicidade electoral oficialista¡ ( que é un chollo, nestes intres de crisis, e a caixa esta valeira)

Sección: