Diario libertario de lugo e galaxia

Crónica da manifestación do ensino do dia 5 de febreiro

11/02/2013
20:56

O S.OU.V. de Lugo participou na manifestación celebrada o dia 6 de febreiro e convocada polo Sindicato de Estudiantes dentro das xornadas de folga estudiantil organizadas para os dias 5, 6 e 7 de febreiro a nível nacional. Este acto levou-se a cabo coa finalidade de protestar pola reforma da lei de educación que o actual goberno do PP está a impulsar e mal chamada Lei Orgánica de Reforma da Calidade da Educativa. Pidese entre outras cousas a retirada do anteproyecto da lei e a dimisión do actual ministro da educación, José Ignacio Wert. A pesares de que a xente fora convocada ás 12:00 h. diante do I.E.S. Nosa Señora dous Ollos Grandes, a manifestación non saiu até unha hora despois unindose asi a outra manifestación procedinte do Campus Universitário de Lugo. O acto acabou diante do Edifício Administrativo da Xunta de Galicia onde, representantes dos distintos colectivos participantes, entre os que se atopaba un dos compañeiros estudante que falou en nome do S.U.O.V de CN.T. Lugo, expresou os motivos polos cais este proxecto de lei supón un varapau á xa de por se deteriorada educación pública. Este sindicato tamén repartiu un escrito aos asistentes ao acto nos que explicaba con mais detalle o que a LOMCE subporá para o sistema público de educación. Unha vez mais, a ideoloxia do estado ve-se plasmada nas leis que aproba este goberno e deste modo está nova lei subporá, entre outras cousas, unha privatización encubrida da educación, posto que se favorece claramente aos centros concertados en detrimento dos públicos (ampliación dos concertos cos centros de catro a seis anos de duración e á etapa de Bacherelato e blindanse os concertos a aqueles centros que segregan aos alumnos por sexos), se toman medidas para aumentar o control por parte da Administración Central do estado no funcionamento dos centros públicos (profesionalizando a figura do Director de calquera centro educativo, convertindo-os en xestores colocados pola administración e onde o claustro de profesores perde peso á hora de escoller quen exercerá ditas funcións, convertendo ao Consello Escolar nun órgao consultivo e sen capacidade de decisión), se concede mais peso ainda á “asignatura” de Relixión ao longo de todo o roteiro educativo, … Se esta lei a sumamos a todos os recortes que leva sofrendo a educación pública o resultado, sen duvida non é moi halagüeño. A manifestación transcorreu sen incidintes e con consignas como “menos corrupción, mais educación”.

 

Fuente

Sección: