Diario libertario de lugo e galaxia

Condenado axente da policía local de Lugo POR USO DE FORZA "DESMEDIDA" NUN ARRESTO

10/11/2013
16:28

Un xente de Lugo terá de pagar unha multa de 120 euros por unha falta de imprudencia. A Audiencia Provincial considera probado que utilizou forza "desmedida" durante o arresto dun home que estaba a armar briga nun bar. Segundo a AP, o axente "extraliminouse nas súas funcións", chegando a dirixirse ao detido con frase como: "Se teño que pisarche a cabeza, písocha".

Contodo, mais cara resulta a falta de respecto do detido aos axentes, que o Tribunal considera así mesmo probada. Se ao axente estes abusos verbais e físicos lle van costar 120 euros, ao detido a falta de respecto aos axentes vai costarlle 180 euros.

 

Fonte

Sección: