Diario libertario de lugo e galaxia

Concentracións 19 e 20 de Xaneiro

17/01/2013
18:58

 

Concentracións 19 e 20 de Xaneiro

 
Coincidindo co Congreso Galego do PP, que terá lugar no Pazo de Ferias e Exposicións de Lugo este fin de semana: 19 e 20 de Xaneiro, o Movemento 15M-Lugo recibiu a noticia de que a Plataforma de Afectados polas Preferentes levará a cabo unha concentración diante da pasarela de acceso ao Pazo de Feiras e Congresos de Lugo (lugar de celebración de dito Congreso)  o sábado día 19, de 11:00 a 14:00 

Mentres que o domingo 20, ás 12:00 no mesmo lugar (esta previsto que se incorpore Feijoo e outros cargos do PP ao Congreso) estarán presentes tamén, compartindo a mobilización con varias entidades sociais de Lugo, exigindo servizos esenciais para o Hospital novo de Lugo como son Hemodinámica, Radioterapia e Mediciña nuclear.

O Movemento 15M de Lugo faise eco da convocatoria, apoia ás diferentes plataformas e chama á cidadanía á unión frente os recortes, por iso os convidamos a todos vos a facervos oir e aproveitar a ocasión para, dun xeito pacífico, facer que se teña en conta o sentir da xente de a pé e que dunha vez por todas gobernen para o pobo e non para os seus bolsillos. Contra a estafa que é a crise, polos nosos dereitos: non debemos non pagamos.

SÁBADO ÁS 11h e DOMINGO ÁS 12h na PASARELA DE ACCESO O PAZO DE FEIRAS E CONGRESOS DE LUGO.

Sección: